Presidente de Finlandia
O Presidente de Finlandia é o Xefe de Estado de Finlandia. O posto (en finés: presidentti) foi creado en 1919. O cargo de presidente ten unha duración de 6 anos e desde o ano de 1994 a reelección se limita a un período consecutivo. Só poden ser presidentes cidadáns nados en Finlandia.
De 1919 a 1987 o presidente era elixido por un colexio electoral. As eleccións de 1988, porén, fixéronse con dous sistemas paralelos: se ningún candidato alcanzaba a maioría o presidente sería elixido novamente mediante o sistema de colexio electoral. Tal complicación desaparecería nas eleccións seguintes, pois desde 1994 a elección do presidente realízase de modo directo e se ningún candidato alcanza a maioría, os dous candidatos máis populares van a unha segunda volta.
Lista de Presidentes de Finlandia [editar]
- Kaarlo Juho Ståhlberg (1919-1925).
- Lauri Kristian Relander (1925-1931).
- Pehr Evind Svinhufvud (1931-1937).
- Kyösti Kallio (1937-1940).
- Risto Ryti (1940-1944).
- Carl Gustaf Emil Mannerheim (1944-1946).
- Juho Kusti Paasikivi (1946-1956).
- Urho Kekkonen (1956-1982).
- Mauno Koivisto (1982-1994).
- Martti Ahtisaari (1994-2000).
- Tarja Halonen (2000-2012).
- Sauli Niinistö (2012--).