Colexio electoral (concepto)

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Este artigo é sobre o concepto de colexio electoral. Para ver información sobre o edificio, consulta Colexio electoral (local)

O colexio electoral é o conxunto de persoas encargado de elixir un determinado representante político mediante o sistema de sufraxio indirecto.

No sistema de sufraxio indirecto os votantes non elixen directamente o candidato senón electores, que á súa vez teñen a misión de scolleren o candidato. Unha vez escollidos os electores deben formar un colexio electoral para proceder a votar, e eventualmente negociar e deliberar, co fin de determinar cal será en definitiva o candidatos elixido.

A forma de elixir os electores pode variar desde un sistema de maioría, onde todos os electores correspóndenlle ao partido gañador; un sistema de maioría e minoría, onde os electores se dividen entre a primeira e a segunda minorías; ou un sistema de representación proporcional.

Nalgunhas lexislacións os electores están obrigados a votar o candidato do partido que representan, pero noutras non. É posíbel mesmo, como sucede nos Estados Unidos que nun mesmo colexio electoral convivan ambos tipos de electores.

En xeral as maiorías que se forman no colexio electoral non coinciden exactamente coas maiorías formadas polo voto dos cidadáns. Esta diferencia abre a posibilidade de que un colexio Electoral elixa un candidato diferente do que resultou máis votado na elección popular.