Juho Kusti Paasikivi

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Juho Kusti Paasikivi
Presidente de (país): Finlandia Finlandia
Período de goberno: 8 de marzo de 1946-1 de marzo de 1956
Predecesor: Carl Gustaf Emil Mannerheim
Sucesor: Urho Kekkonen
Nado en: 27 de novembro de 1870
Lugar: Koski, Finlandia
Faleceu en: 14 de decembro de 1956
Lugar: Helsinqui, Finlandia
Profesión: avogado e político
Partido Politico: Partido de Coalizión Nacional
Kansallinen Kokoomus (KOK)


Juho Kusti Paasikivi, avogado e político nado en 1870 e falecido en 1956, foi o presidente de Finlandia entre 1946 e 1956. Tamén foi primeiro ministro do país en dúas ocasións: en 1918, e de 1944 a 1946. Foi unha figura influente na economía e na política do país por case 50 anos.

Nado en unha familia sueco-finlandesa, foi bautizado Johan Gustaf Hellsten en 1870. En 1885 mudou o seu nome para o finlandés Juho Kusti Paasikivi. Estudou na Universidade de Helsinqui onde se graduou en Filosofía en 1892 e en Dereito en 1897.