Portal:Hungría/Biografía destacada/1

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Ferenc Purczeld Bíró, coñecido simplemente como Ferenc Puskás (ˈfɛrɛnʦ ˈpuʃkaːʃ), nado o 2 de abril 1927 en Budapest e finado na mesma cidade o 17 de novembro de 2006), foi un futbolista e adestrador hispano-húngaro, integrante histórico dos equipos Budapesti Honvéd Sport Egyesület e Real Madrid Club de Fútbol, sendo este último ao que debe os seus maiores éxitos e recoñecementos mundiais. É lembrado como un dos máximos goleadores de todos os tempos, e considerado como un dos mellores futbolistas da historia segundo a UEFA e a FIFA. Foi internacional coas seleccións de Hungría e España tras adoptar a nacionalidade española en 1961.

A nivel de clubes conquistou un total de quince títulos, cinco ligas húngaras, cinco ligas españolas, unha Copa de España, tres Copas de Europa, unha Copa Intercontinental, mentres que logrou catro veces proclamarse máximo goleador da Primeira División Española. Logo da súa retirada deportiva en 1966 adicouse á parcela técnica onde conseguiu un subcampionato da Copa de Europa na tempada 1970-71 co Panathinaikós Athlitikos Omilos fronte ao Amsterdamsche Football Club Ajax de Johan Cruyff.