Portal:España/Biografía destacada/3

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Pablo Ruiz Picasso, nado en Málaga o 25 de outubro de 1881 e finado en Mougins, Francia, o 8 de abril de 1973, foi un pintor español máis coñecido polo nome artístico de Pablo Picasso, xa que asinaba co segundo apelido. Foi un dos máis recoñecidos artistas do século XX, coñecido sobre todo porque fundou o cubismo xunto con Georges Braque. Na súa dilatada carreira, evolucionou por diferentes estilos e experimentou con outras disciplinas.

Picasso comezou o seu percorrido estilístico cunha curta experiencia co modernismo despois do contacto coa natureza que tivo na súa estadía en Horta de Sant Joan e a amizade cos artistas cataláns de Els Quatre Gats. Coas súas primeiras visitas a París comezou a desenvolver un estilo propio, primeiro no "período azul", continuou cun xiro cara a un certo optimismo manifestado por un cambio a cores cálidas e coñecido como "período rosa", nun intre no que Picasso entrou en contacto con escritores achegados ó surrealismo. A partir de 1908 desenvolveu obras que acadaron quebrar co canon de representación definido no Renacemento. Despois dunha incursión polo surrealismo, iniciou a época expresionista claramente influído pola guerra civil española primeiro e pola II guerra mundial máis tarde.

Os seus derradeiros anos adicounos a pintar variacións de obras dos grandes mestres como Velázquez ou Edgar Degas, é unha etapa de madureza que dedicará a traballar na produción de litografías.