Portal:A Coruña/Artigo destacado/8

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

O Deportivo da Coruña, que ten por nome oficial Real Club Deportivo de La Coruña, S.A.D., e que tamén se coñece popularmente como Deportivo ou Dépor, é un club de fútbol galego fundado no 1906 na cidade da Coruña. Actualmente xoga na Primeira División, logo de ascender na tempada 2013–14. Con todo, xogou 21 das últimas 23 tempadas en Primeira División, 20 delas consecutivas (1991-2011) e 16 delas entre os 10 primeiros clasificados.

Historicamente, o Deportivo da Coruña tivo dúas épocas de maior éxito: Unha entre 1992 e 1996, co popularmente chamado "Superdépor", onde gaña unha Copa do Rei, e unha Supercopa de España, e outra entre 1999 e 2004, co "Eurodépor". En total, o club ten no seu haber unha Liga, dúas copas do Rei e tres Supercopas de España como máximos logros nacionais, e unha clasificación á semifinal da Recopa de Europa e outra á da Liga de Campións como éxitos internacionais.

Logo de 42 temporadas en Primeira, o club ocupa o posto 11º na Clasificación histórica da Primeira división española, sendo o primeiro equipo galego neste ránking. Ademais é o 9º equipo en número de afeccionados en España (2,2%), segundo unha enquisa do CIS de maio de 2007.

Mantén historicamente unha gran rivalidade co Celta de Vigo, chamándose os partidos entre eles Derbis galegos.