Portal:Sobre a Ópera/maio 2013

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Montserrat Caballé, nada en Barcelona o 12 de abril de 1933, é unha soprano lírica. É recoñecida pola súa técnica vocal e é unha das máis admiradas cantantes de ópera do mundo.

O seu gran lanzamento internacional foi en 1965, no Carnegie Hall, cando tivo que substituír de súpeto a Marilyn Horne na Lucrecia Borgia de Donizetti. A súa actuación valeulle máis de vinte minutos de ovación. Dende aquela, a Caballé (alcumada A Superba), leva máis dun cuarto de século en primeira fila das estrelas da ópera, cun repertorio que supera os cen títulos, actuando nos grandes escenarios de Estados Unidos, Francia, Alemaña, Bélxica, Suíza, Austria, Italia, Dinamarca e moitos outros países.