Pneumoloxía

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Imaxe en movemento dos pulmóns

A pneumoloxía é a especialidade médica responsábel das patoloxías das vías aéreas inferiores, isto é, traquea, bronquios, bronquíolos e pulmóns. Entre a doenzas que máis adoitan ser tratadas por esta especialidade atópanse a apnea obstrutiva do sono, a doenza pulmonar obstructiva crónica (DPOC), os diferentes tipos de pneumonías, a fibrose quística, a tuberculose, micoses pulmonares, doenzas pulmonares intersticiais, trastornos vasculares dos pulmóns, doenzas autoinmunes de afectación pulmonar e as pneumoconioses. Alén da avaliación clínica, os pneumólogos tamén son quen de realizar exames espirométricos para avaliar a función respiratoria. Polo xeral, considérase unha especialidade da medicina interna, aínda que se relaciona intimamente coa medicina intensiva polo feito de trataren aos doentes que precisan ventilación mecánica. A cirurxía da zona respiratoria é realizada polos cirurxiáns torácicos. Os médicos especialistas neste eido denomínanse pneumólogos.