Pilularia novae-hollandiae

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Pilularia novae-hollandiae é unha especie de pteridófita (fentos ou fieitos) da clase das polipodiópsidas, orde das salviniales e familia das marsileáceas, unha das cinco incluídas no xénero Pilularia.[1][2][3]

Taxonomía[editar | editar a fonte]

Descrición[editar | editar a fonte]

A especie foi descrita en 1864 polo botánico alemán Alexander Karl Heinrich Braun, nun traballo publicado en Monatsber. Königl. Preuss. Akad. Wiss. Berlin 1864: 435.[3]

Etimoloxía[editar | editar a fonte]

Para a do xénero, véxase Pilularia.

O epíteto específico, novae-hollandiae, refírese á súa área de distribución. O termo do latín científico nova-hollandiae é o xenitivo de Nova Hollandia (Nieuw Holland, Nova Holanda), nome que lle deu en 1644 o navegante nererlandés Abel Tasman á que hoxe coñcemos como Australia.[4]

Características[editar | editar a fonte]

Pilularia novae-hollandiae é un fieito semiacuático, de 9 a 50 cm de altura, parecido a unha pequena herba fina. As súas frondes teñen forma de fíos, de até 8 cm de lonxitude, e xorden en guedellas dun talo subterráneo rastreiro (rizoma). As frondes estériles son lineais, circinadas. Os esporocarpos son leñosos, globulares (en foma de pequenas boliñas esféricas) densamente peludas, que se forman na base das frondes.[2][3]

Distribución[editar | editar a fonte]

Distribúese polo territorio de Canberra, nas aforas de Sydney, no suroeste da porvincia de Australia Occidental, e nas provincias de Australia Meridional Victoria e Tasmania.[2][3]

Hábitat e ecoloxía[editar | editar a fonte]

Vive sobre fondos arxilosos e areosos, entre herbas en substratos de lama branda e nos bordos dos pantanos e pozas, ou en augas pouco profundas.[2]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Pilularia americana A.Braun no GBIF. Consultado o 17 de marzo de 2021.
  2. 2,0 2,1 2,2 2,3 Pilularia novae-hollandiae A.Braun, Austral Pillwort. En florabase.dpaw.wa.gov.au. Consultado o 17 de marzo de 2021.
  3. 3,0 3,1 3,2 3,3 Austral Pillwort. Pilularia novae-hollandiae En environment.nsw.gov.au. Consultado o 17 de marzo de 2021.
  4. Dampier, William (1981): A voyage to New Holland: the English voyage of discovery to the South Seas in 1699 edited with an introduction by James Spencer. Gloucester: Alan Sutton. ISBN 0-9043-8775-5.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]