Percebe do Canadá

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Percebe do Canadá
Pollicipes polymerus
Pollicipes polymerus 3.jpg
Clasificación científica
Reino: Animalia
Filo: Arthropoda
Subfilo: Crustacea
Clase: Maxillopoda
Infraclase: Cirripedia
Orde: Pedunculata
Familia: Pollicipedidae
Xénero: Pollicipes
Especie: P. polymerus
Nome binomial
Pollicipes polymerus
(Sowerby, 1883) [1]
Sinonimia
  • Mitella polymerus (Sowerby, 1833) [2]
Colonia de P. polymerus en Friday Harbor na costa noroeste dos Estados Unidos.

O percebe do Canadá ou percebe do noroeste do Pacífico, Pollicipes polymerus é unha especie de artrópodo pertencente á familia dos policipédidos da orde dos pedunculados e infraclase dos cirrípedes, do subfilo dos crustáceos, mariño con pedúnculo carnoso e curto, que vive fixado ás rochas batidas polas ondas.

A súa área de dispersión limítase á zona intertidal ao longo da costa pacífica de Norteamérica.[3].

É un parente próximo do percebe do Atlántico NE, Pollicipes pollicipes, e a súa aparencia e gusto son similares.[4]

A partir de 1970 a súa explotación comercial no Canadá experimentou un importante auxe debido á demanda do mercado español xa que os stocks locais de Pollicipes pollicipes diminuíran gravemente. Porén, as exportacións de percebe do Canadá cesaron a partir de 1999, data na que se pecha a súa pesca comercial debido á preocupante baixa das súas poboaciós.[5].

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Pollicipes polymerus Sowerby, 1833 WoRMS.
  2. Pollicipes polymerus (Goose Neck Barnacle) ZipcodeZoo.
  3. Melissa McFadden (2002): Mitella polymerus (Sowerby, 1833). Walla Walla University.
  4. O da aparencia é certo, ben se ve se comparamos as fotos de ambas as especies. Canto ao do gusto, hai opinións diversas; o profesor Carlos Pajares, ex-reitor da Universidade de Santiago, que fixo estudos de posgraduado en Oregón, nunha entrevista periodística afirmou que alí se vivía moi ben, pero que estaba farto de comer percebes, que non tiñan nada que ver cos galegos.
  5. Josie Osborne (2003): A Spanish Love Affair with Goose Barnacles. Ha-Shilth-Sa Newspaper.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]