Cirrípedes

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «Cirripedia»)
Cirripedia
Cirrípedos

Pollicipes pollicipes, un percebe.
Clasificación científica
Reino: Animalia
Filo: Arthropoda
Subfilo: Crustacea
Clase: Maxillopoda
Subclase: Thecostraca
Infraclase: Cirripedia
Burmeister, 1834
Superordes e Ordes
Véxase o texto
Sinonimia
Véxase o texto

A dos cirrípedes (Cirripedia) é unha infraclase de crustáceos mariños da clase dos maxilópodos e da subclase dos tecóstracos.[1]

Os seus membros máis coñecidos son os percebes, pero a clase inclúe outras especies como os arneiros ou o percebe da madeira.

A especie representativa é o percebe común (Pollicipes pollicipes).[2]

Taxonomía[editar | editar a fonte]

Descrición[editar | editar a fonte]

A infraclase foi descrita en 1834 polo naturalista, paleontólogo e zoólogo alemán nacionalizado arxentino Hermann Burmeister (tamén coñecido como Karl Hermann Konrad Burmeister ou Carlos Germán Conrado Burmeister).

Etimoloxía[editar | editar a fonte]

O nome científico Cirripedia está formado pola unión dos elementos do latín científico cirr- e -pedia, derivados, respectivamente, do latín cirrus, "rizo", "floco", e a raíz pedi- do xenitivo de pes, pedis, "pé",[3] coa adición do sufixo -a para indicar plural.

Sinónimos[editar | editar a fonte]

Ademais de polo nome actualmente válido, a infrasclase coñeceuse tamén polos sinónimos seguintes:[Cómpre referencia]

  • Thyrostraca
  • Cirrhopoda
  • Cirrhipoda
  • Cirrhipedia

Clasificación[editar | editar a fonte]

Piña de percebes.
Arneiros.
Piña de percebes da madeira sobre a cuncha dun náutilo.

Segundo o WoRMS, a clasificación taxonómica dos cirrípedos é a seguinte:

Porén, o ITIS considera esta outra: [4]

  • Infraclase Cirripedia Burmeister, 1834
    • Superorde Acrothoracica Gruvel, 1905
      • Orde Apygophora Berndt, 1907
      • Orde Pygophora Berndt, 1907
    • Superorde Rhizocephala Müller, 1862
      • Orde Akentrogonida Häfele, 1911
      • Orde Kentrogonida Delage, 1884
    • Superorde Thoracica Darwin, 1854
      • Orde Pedunculata Lamarck, 1818
      • Orde Sessilia Lamarck, 1818

Características[editar | editar a fonte]

Son de hábitos sésiles (viven fixos sobre o substrato) polo que durante séculos foron considerados moluscos.

Foi ó coñecer o ciclo biolóxico e estudar a morfoloxía das larvas, tipo cipris, cando se admitiu que se trataba de crustáceos cunha estrutura moi modificada.

Poden dispoñer dun pedúnculo, co que se fixan ó substrato, ou non, pero en calquera caso teñen o corpo protexido por placas calcáreas.[Cómpre referencia]

Bioloxía[editar | editar a fonte]

As larvas son sempre de vida libre, e atravesan por dúas fases larvarias:

  • Como larva nauplius, forma parte do zooplancto, flotando nas augas arrastradas polo vento, as ondas e as correntes mariñas. Aliméntanse activamente e alcanzan o segundo estado ó cabo de dúas semanas.
  • Como larva cipris xa non se alimentan e son nadadoras activas.

Cando a larva cipris atopa un lugar adecuado, fíxase e inicia o proceso de metamorfose, dando lugar a un cirrípedo xuvenil, que posúe unha morfoloxía consistente en seis placas externas a modo de armadura. Durante o resto das súas vidas, os cirrípedos son sésiles e aliméntanse por filtración, grazas ás correntes de auga creadas ó axitar os seus apéndices. Unha vez completada a metamorfose e alcanzada a forma adulta, seguen crecendo pero xa sen sufrir mudas, senón por adición de material á cuberta calcificada.

Como outros invertebrados, os cirrípedos son hermafroditas e alternan o estado masculino e feminino temporalmente. É dicir un mesmo individuo pode ser inicialmente macho e logo femia, ou viceversa.

Algúns cirrípedos, como as especies do xénero Sacculina, son parasitos doutros crustáceos. Outros, como os chamados "amorfos" ou Verrucomorfa son comensalistas e viven sobre as espinas dos ourizos ou sobre a pel das baleas.

Galería de imaxes[editar | editar a fonte]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Cirripedia no WoRMS. Consultado o 20 de xaneiro de 2020.
  2. percebe no Dicionario da RAG.
  3. Cirripedia no Merriam-Webster Dictionary.
  4. Cirripedia Burmeister, 1834 no ITIS, Consultado o 20 de xaneiro de 2020.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]