Pedro Andrés Pourret

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.


Infotaula de personaPedro Andrés Pourret

Editar o valor em Wikidata
Nome orixinal(fr) Pierre André Pourret Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento1754 Editar o valor em Wikidata
Narbona, Francia Editar o valor em Wikidata
Morte1818 Editar o valor em Wikidata (63/64 anos)
Santiago de Compostela, España Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeFrancia Editar o valor em Wikidata
RelixiónIgrexa católica Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónbotánico , sacerdote católico Editar o valor em Wikidata
Membro de
LinguaLingua francesa e lingua castelá Editar o valor em Wikidata
Obra
Abreviación dun autor en botánicaPourr. Editar o valor em Wikidata

O abade Pierre-André Pourret, transcrito en galego como Pedro Andrés Pourret, foi un botánico francés nado en 1754 en Narbona e finado o 17 de agosto de 1818 en Santiago de Compostela. Foi un pioneiro en utilizar o sistema de "catalogación binomial" de Linné, método descritivo que evita longas denominacións en latín.

Biografía[editar | editar a fonte]

Despois da teoloxía, desenvolveu paixón pola botánica co doutor Pech, naturalista narbonense. Foi a París a seguir os cursos do Jardin des Plantes. Durante uns anos dirixiu o gabinete de historia natural do cardeal de Brienne e mantivo correspondencia cos grandes eruditos naturalistas da súa época: Gigot d'Orcy, Picot de Lapeyrouse, Willdenow ou Linné etc.

En lembranza da casa Loménie de Brienne, chamou unha nova planta Lomenia-Borbonica, e outra Lapeyrousia Compress a en homenaxe á súa amizade co estudoso Picot de Lapeyrouse.

Exilio[editar | editar a fonte]

En 1789, durante a Revolución Francesa, o abade Pourret deixou Narbona, e ningún dos seus escritos se gardou nesa cidade. Emigrado a Barcelona, foi nomeado director do Xardín Botánico e profesor de Historia Natural na Universidade. Foi subdirector tamén do Xardín Botánico de Madrid e logo obtivo a canonía na catedral de Ourense, onde permaneceu nove anos. O levantamento do dous de maio foi a causa dun motín en Ourense, e pola súa condición de francés fuxiu da cidade para refuxiarse no mosteiro de San Pedro de Montes, no Bierzo. Aínda que os biógrafos franceses atribúen aos ourensáns o saqueo da casa e o estrago dos seus libros e herbarios, está demostrado que foron "los satélites de Napoleón", talvez afrancesados, como describe el mesmo, os que atentaron contra as súas propiedades tras a conquista de Ourense.[1]

Despois chegou a cóengo contador-tesoureiro da catedral de Santiago, residiu na Rúa Nova e impartiu clases de botánica na cidade. Finou en Compostela e foi soterrado no claustro da catedral.

Obras[editar | editar a fonte]

Describiu varias plantas, en particular especies mediterráneas, e tamén estudou especies galegas e bercianas.

Proporcionou avisos a Gigot d'Orcy para a súa Histoire des Papillons d'Europe Comunicou a Picot de Lapeyrouse os resultados das súas viaxes polos Pireneos, Cataluña e Montserrat; este integra a súa investigación na súa obra titulada Historia das plantas dos Pirineos. Informou a Willdenow sobre a súa Species Plantarum. Tamén publicou en varias coleccións, entre elas a da Academia de Toulouse, da que moi membro, a súa Choris Narbonensis en 1784 na que citaba 1200 plantas non listadas por Antoine Gouan, 230 por Linné e 130 mal listadas ou confusas.

En 1786, escribiu sobre dous novos xéneros de liliaceae, recollidas en Reunión (chamada Île Bourbon durante un século e medio) que denominou Lomenia-Borbonica e Lapeyrousia Compressa.

A maioría das súas obras permaneceron en forma de manuscrito, como Flore Narbonnaise, Voyage botanique au Montserrat, Itinéraire pour herboriser dans les Pyrénées, Catalogue des plantes usuelles des environs de Narbonne. Poucos contemporáneos tiveron acceso a eles, en boa parte perdidos durante o exilio.

Na súa estancia en Barcelona, estudou o herbario de Salvador e publicou unha nota sobre naturalistas cataláns [2] en 1796. Preparou unha Flore Espagnole, despois de anos de viaxes, que nunca viu a luz pero que Picot de Lapeyrouse incluíu nun suplemento da súa Histoire des Plantes des Pyrénées.

Legado e homenaxe[editar | editar a fonte]

Édouard Timbal-Lagrave permitiu a rehabilitación do abade Pourret, cuxo traballo até entón fora subestimado, escribindo as Reliquiae Pourretianae na que revelaba que Pourret, que nunca publicara novos descubrimentos vexetais, enviara moitas novas variedades a outros botánicos que se aproveitaron e as publicaron cos seus propios nomes como Lamarck e Picot de Lapeyrouse [3] .

Confeccionou ao longo da súa vida un abundante herbario e á súa morte, en 1818, legouno á Facultade de Farmacia de Santiago, sendo cedido despois pola USC á Complutense de Madrid [4]. O seu herbario foi consultado por Willkomm e Johan Lange para o seu Prodromus Florae Hispanicae.[1]

O seu xardín botánico en Santiago e o primeiro documentado en Galiza.

Ruiz e Pavon dedicáronlle o xénero Pourretia (1794), que máis tarde se convertería no xénero Puya, en particular a especie Pourretia lanuginosa (Puya lanuginosa), planta orixinaria de Chile. O seu nome tamén foi asociado en 1808 por Willdenow coa especie Agrostis pourretii (Herba de Pourret, ou agrostide de Salamanca).

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  • Louis Galibert, Biographie de Pierre-André Pourret, Imp. Emmanuel Caillard, 1856.
  • Le Simon Pons (Dr), «Une Lettre De L'abbé Pourret A Pierre De Barréra ; Communiquées», Bulletin de la Société Botanique de France, vol. 40, nº 10,‎ 1893, p. LXXI-LXXV ISSN 0037-8941.
  • Miguel Colmeiro Penido, Noticia de los trabajos botánicos del abate Pourret en Francia y España, Madrid, 1891, 16 p. (en castelán).
  • M.E. Timbal Lagrave, «Reliquiae Pourretianae», Bulletin de la Société des Sciences Physiques et Naturelles de Toulouse,‎ 1875, p. 1-149.

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]