Patrimonio da Humanidade en Irlanda

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Localización dos sitios de Irlanda na lista do Patrimonio Mundial.

O Patrimonio da Humanidade da Organización das Nacións Unidas para a Educación, a Ciencia e a Cultura (UNESCO) componse de lugares de importancia para o patrimonio cultural ou natural descritos na Convención do Patrimonio Mundial da UNESCO, estabelecida en 1972.[1] O patrimonio cultural está formado por monumentos (como obras arquitectónicas, esculturas monumentais ou inscricións), grupos de edificios e ruínas (incluíndo sitios arqueolóxicos). As paisaxes naturais (constituídas por formacións físicas e biolóxicas), as formacións xeolóxicas e fisiográficas (incluíndo os hábitats de especies de animais e plantas ameazadas) e os lugares naturais que son importantes dende o punto de vista da ciencia, a conservación ou a beleza natural, defínense como patrimonio natural.[2] Esta é unha lista do Patrimonio da Humanidade en Irlanda, especificamente clasificada pola UNESCO e elaborada de acordo con dez criterios principais, cuxos puntos son xulgados por especialistas na área. A República de Irlanda, país que ocupa unha rexión marcada historicamente polo florecemento e perpetuación do legado da civilización celta, ratificou a convención o 16 de setembro de 1991, convertendo os seus lugares en elixíbeis para a súa inclusión na lista.[3]

O conxunto arqueolóxico de Brú na Bóinne foi o primeiro lugar da República de Irlanda inscrito na lista do Patrimonio da Humanidade da UNESCO na 17ª Sesión do Comité do Patrimonio Mundial, realizada en Cartaxena de Indias (Colombia) en 1993.[4] Irlanda conta con dous sitios inscritos como Patrimonio Mundial, sendo ámbolos dous de clasificación cultural.

Lista de lugares Patrimonio da Humanidade[editar | editar a fonte]

Nome: segundo aparece no Comité do Patrimonio da Humanidade
Rexión: de Irlanda
Ano da inclusión: na lista da UNESCO
Datos da UNESCO: o número de referencia do sitio; o ano en que o xacemento foi inscrito na Lista do Patrimonio Mundial; os criterios nos que apareceu: os criterios de (i) a (vi) son culturais, mentres que de (vii) a (x) son naturais.[5]
Nome Imaxe Localización (condado) Ano da inclusión Datos da UNESCO Descrición
01 Brú na Bóinne – Conxunto Arqueolóxico do Val do Boyne A monumental stone structure in the middle of the field Meath 1993 659; i, iii, iv (cultural) O xacemento é un complexo de tumbas de cámara neolíticas, pedras en pé, henges e outros recintos prehistóricos, algúns que datan do século XXXV a.C. ao século XXXII a.C. O sitio foi construído con sofisticación e coñecemento da ciencia e da astronomía, o que é máis evidente na tumba de paso de Newgrange (na imaxe). Representa a maior concentración de arte megalítica prehistórica de Europa.[6]
02 Sceilg Mhichíl Skellig Michael, a rocky islet in the sea Kerry 1996 757; iii, iv (cultural) O mosteiro celta, que está situado case no cume dunha illa rochosa piramidal, foi fundado probablemente no século VII. Durante 600 anos, foi un centro de vida monástica para os monxes cristiáns irlandeses. Debido á extrema distancia, ata hai pouco desanimaba aos visitantes, polo que o lugar está excepcionalmente ben conservado. As condicións moi espartanas no interior do mosteiro ilustran o estilo de vida ascético que practicaban os primeiros cristiáns irlandeses. Os monxes vivían en cabanas de pedra (clocháns), pousadas sobre paredes de cantís case verticais.[7]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. UNESCO, ed. (21 de novembro de 1972). "Convención para a Protección do Patrimonio Mundial, Cultural e Natural" (PDF). 
  2. "Convention Concerning the Protection of the World Cultural and Natural Heritage". UNESCO World Heritage Centre. Arquivado dende o orixinal o 1 de febreiro de 2021. Consultado o 3 de febreiro de 2021. 
  3. UNESCO (ed.). "Irlanda". 
  4. UNESCO (ed.). "17th session of the World Heritage Committee". Consultado o 21 de agosto de 2021. 
  5. "UNESCO World Heritage Centre – The Criteria for Selection". UNESCO World Heritage Centre. Arquivado dende o orixinal o 12 de xuño de 2016. Consultado o 17 de agosto de 2018. 
  6. "Brú na Bóinne - Archaeological Ensemble of the Bend of the Boyne" (en inglés). UNESCO World Heritage Centre. Arquivado dende o orixinal o 4 de outubro de 2017. Consultado o 24 de xuño de 2021. 
  7. "Sceilg Mhichíl" (en inglés). UNESCO World Heritage Centre. Arquivado dende o orixinal o 25 de xuño de 2021. Consultado o 24 de xuño de 2021. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]