Lingua valoa
| Valón (Walon) | ||
|---|---|---|
| Falado en: | ||
| Total de falantes: | 600.000 est. | |
| Posición: | 237 | |
| Familia: | Indoeuropea Itálica Románica Ítalo-occidental Occidental Galo-ibérica Galo-romance Galo-Rético Oïl Valón |
|
| Códigos de lingua | ||
| ISO 639-1: | wa | |
| ISO 639-2: | wln | |
| ISO 639-3: | wln | |
O valón (Walon) é unha lingua romance que se falaba como primeira lingua en gran parte (70%) da Rexión Valona de Bélxica e algunhas vilas do norte de Francia (preto de Givet) até mediados do século XX. Pertence ao grupo de linguas de oïl, cuxo membro máis prominente é a lingua francesa. Os antecedentes históricos da súa formación foi a extensión do territorio, xa dende o 980 co Principado de Liège, ao sur e ao oeste.
A pesar da súa rica literatura, a cal comezou de forma anónima no século XVI e con autores coñecidos dende 1756, o uso do valón diminuíu notablemente dende a anexión francesa de Valonia en 1795. Este período estabeleceu na zona ao francés como lingua da prestixio social, moito máis do que podía ser antes. Aínda que Bélxica obtivo a súa independencia en 1830, o francés estableceuse como o idioma principal no ensino en gran parte do país. Despois de Primeira Guerra Mundial, as escolas públicas proporcionaron educación en lingua francesa a tódolos nenos, inducindo unha denigración do valón e acompañado dunhas ordes oficiais en 1952 para castigar o seu uso nos centros de ensino. Posteriormente, dende mediados do século XX, a transmisión xeracional da lingua reduciuse, convertendo ao valón practicamente nunha lingua morta. Hoxe en día apenas é falado entre os mozos.
Numerosas asociacións, especialmente compañías de teatro, están a traballar para manter a lingua viva. A nivel gobernamental, o valón está oficialmente recoñecido como unha langue régionale endogène (lingua rexional indíxena). O valón tamén se beneficia dun plan de normalización lingüística. O sistema Feller (1900) regulariza a transcrición dos diferentes acentos. Ademais, dende os anos 1990, estabeleceuse unha ortografía común, a cal permite a publicación de textos en valón a gran escala. Compre non confundir o valón co francés de Bélxica, o cal difire do francés falado en Francia nalgúns puntos menores do léxico e a pronuncia.
[editar] Notas
[editar] Véxase tamén
[editar] Ligazóns externas
|
||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||