Lingua picarda

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «Picardo»)
Picardo
Picard
Outros nomes:Tchtimi, chti, rouchi
Falado en: Francia Francia
Bélxica Bélxica
Rexións: Europa
Total de falantes: ~ 700 000
Posición: Non está entre as 100 máis faladas.
Familia: Indoeuropea
 Itálico
  Románico
   Italo-occidental
    Galoibérico
     Galorrománico
      Oïl
       Picardo
Escrita: Alfabeto latino
Estatuto oficial
Lingua oficial de: Lingua rexional endóxena en Bélxica.
Regulado por: Non ten regulación oficial
Códigos de lingua
ISO 639-1: --
ISO 639-2: ---
ISO 639-3: pcd
Mapa
Status

O picardo está clasificado como en perigo severo polo Libro Vermello das Linguas Ameazadas da UNESCO[1]

A lingua picarda ou picardo[2] é unha das linguas romances máis achegadas ao francés e é unha das linguas de oïl.

Outras denominacións[editar | editar a fonte]

O picardo ten outras denominacións como picart, patois du nord (patués do norte), tchtimi, chti ou rouchi, aínda que este último é un dialecto do picardo, considerado a miúdo como unha "fala de oïl" diferente, falada no Hainut Occidental, entre Mons e a liña Torunai-Soignes-Ath-Mouscron.

Localización[editar | editar a fonte]

Fálase nas rexións francesas da Picardía (desde o sur do Oise e do Aisne) e Norte-Paso de Calais (até a zona de Dunkerque, de fala neerlandesa flamenga e Bélxica na maior parte da provincia de Hainaut, até La Louvière ao leste (entre Mons e Charleroi).

Falantes[editar | editar a fonte]

Mostra de son en picardo.

Sen estatísticas globais nin fiables. Tan só unha enquisa feita en Amiens (1980-1981), mostraba que o 46% dos homes e o 29% das mulleres nacidas en 1942 declaraban falar picardo.

Normativización[editar | editar a fonte]

Sen ningunha normativa aceptada. Aínda así, desde un punto de vista ortográfico, unha parte importante dos autores están de acordo nunha serie de principios que poden tender a unha certa normativización:

  • Continuación do código ortográfico francés, todo tendo en conta as particularidades fonéticas do picardo.
  • Utilización razoada das letras mudas ou variantes gráficas para permitir unha correcta identificación das palabras. Este uso pode ter un máximo entre os escritores tradicionais, máis próximos á ortografía francesa, e practicamente desaparece entre os partidarios de métodos fonistas. Nunha situación intermedia atoparíase a adaptación do sistema Feller para o picardo feita por Fernand Carton.
  • Tendencia a apartar as particularidades locais para permitir unha compresión canto máis ampla mellor. Algúns autores chegan á utilización de arquigrafías que posibiliten lecturas múltiples.

Status legal[editar | editar a fonte]

Recoñecida como lingua rexional endóxena en Bélxica, segundo o decreto do executivo da Comunidade francesa adoptado o 1990. Benefíciase, sobre todo polo que fai a súa presenza nos medios de comunicación, das accións da Oficina das Linguas Rexionais Endóxenas.

En Francia non se beneficia de ningunha lexislación a nivel xeral e a ratificación da Carta Europa das Linguas Rexionais ou Minoritarias está bloqueada.

Formación[editar | editar a fonte]

En Francia é recoñecido de facto polo Ministerio de Educación Nacional e ensínase nas escolas da rexión e pode estudarse de maneira facultativa.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Moseley, Christopher e Nicolas, Alexandre. "Atlas of the world's languages in danger". unesdoc.unesco.org. Consultado o 11 de xullo de 2022. 
  2. Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para picardo.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]