Paoul

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:Xeografía políticaPaoul
Imaxe

Localización
lang=gl Editar o valor em Wikidata Mapa
 48°14′10″N 3°26′43″O / 48.2361, -3.4453Coordenadas: 48°14′10″N 3°26′43″O / 48.2361, -3.4453
EstadoFrancia
Divisións administrativasFrancia Metropolitana
Defense and Security zone of France (en) TraducirQ88521114 Traducir
RexiónsBretaña
DepartamentoCôtes-d'Armor
Distritosarrondissement of Guingamp (en) Traducir
Cantóncanton of Maël-Carhaix (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Poboación
Poboación679 (2021) Editar o valor em Wikidata (18,08 hab./km²)
Xeografía
Situado na entidade territorial estatísticaQ108921309 Traducir Editar o valor em Wikidata
Superficie37,56 km² Editar o valor em Wikidata
Altitude104 m Editar o valor em Wikidata
Comparte fronteira con
Identificador descritivo
Código postal22340 Editar o valor em Wikidata

Páxina webpaulecommunedebretagne.fr Editar o valor em Wikidata

Paoul (en francés: Paule), é un concello (comuna, gumun en bretón) da Bretaña, no departamento Côtes-d'Armor.

Xeografía[editar | editar a fonte]

O concello de Paoul está atravesado na súa parte norte por un tramo agora fóra de servizo do canal de Nantes a Brest que substituíu a un antigo río desaparecido. O territorio comunal esténdese principalmente ao sur deste val e é moi montañoso na súa parte sur. Elévase até os 288 metros no lugar chamado Bellevue. A comuna ten varios bosques, sendo o principal o bosque de Coat Meur.

Na súa parte norte é atravesado pola estrada nacional 164, e na súa parte sur pola estrada departamental 3 (eixo da estrada Quimper-Gourin-Rostrenen-Saint-Brieuc), así como unha rota de sendeirismo de longa distancia.

Clima[editar | editar a fonte]

En 2020, a comuna é destacada como "clima oceánico" na clasificación establecida por Météo-France. Este tipo de clima tradúcese en temperaturas suaves e precipitacións relativamente abundantes, distribuídas ao longo do ano cun lixeiro máximo de outubro a febreiro.

Urbanismo e Tipoloxía[editar | editar a fonte]

Paoul é unha comuna rural, pois forma parte das comunas pouco ou moi pouco densas, no sentido da grella comunal de densidade de INSEE. Ademais, a comuna forma parte da área de Carhaix-Plouguer, que agrupa 18 comunas, categorizada nas áreas de menos de 50.000 habitantes.

A ocupación dos solos na comuna en 2018, segundo a base de datos europea de ocupación biofísica dos solos Corine Land Cover (CLC), era a seguinte: 59,4% de terras de cultivo fóra de perímetros de irrigación, 12% de prados e outras superficies sempre en herba, 11,1% de sistemas de cultivos e parcelarios complexos, 7,9% de bosques de folla caduca e 1,2% de tecido urbano descontinuo.

Historia e prehistoria[editar | editar a fonte]

Estatua de bardo con lira ou arpa. Musée Bretagne.

Prehistoria[editar | editar a fonte]

Na localidade de Kergroas, atópanse dous túmulos separados por 80 metros e cun diámetro de trinta metros cada un. Datan da Idade de Bronce e foron escavados entre 2002 e 2004, descubrindo dous sarcófagos tallados nun medio tronco de árbore, cubertos cun taboleiro de madeira. Na súa contorna descubríronse novos enterramentos da Idade do Bronce Medio, sumando un total de vinte corpos. A acidez e a humidade da terra na Bretaña, similar á galega, fai que sexa raro atopar esqueletos, polo que este descubrimento é excepcional.[1] Esta necrópole estivo en uso durante varios séculos.

Tamén se descubriu na comuna a fortaleza celta protohistórica, habitada entre o século V a. C. e o século I d. C., no territorio dos osismios. As escavacións descubriron unha granxa fortificada con dous recintos cadrados, un máis grande e outro máis pequeno que albergaba o cemiterio familiar. A granxa transformouse nunha fortaleza con múltiples trincheiras e muros, a residencia dunha familia aristocrática do século I a. C. Nesta fortaleza tamén se atopou un taller de metalurxia e unha gran cantidade de fragmentos de ánforas que contiñan viño da Península Itálica. Ademais, atopáronse catro estatuetas, probablemente efixies de antepasados desa familia.

Idade Media[editar | editar a fonte]

Paule dependía da baronía de Rostrenen, e dividiuse en cinco señoríos: Paule, Le Dréortz, Brécilien (Bressilien), Liscuit e Kerjan.

En 2009 descubríronse as trincheiras que delimitaban o recinto carolinxio de Bressilien, onde se escavaron os cimentos de varios edificios dun complexo residencial aristocrático. Ademais, descubríronse os restos da capela de Saint-Symphorien, que testemuña a presenza neste lugar de figuras poderosas vinculadas ao Imperio Franco e a Irlanda.

Época moderna[editar | editar a fonte]

Paule é unha fragmentación da antiga parroquia de Plévin da Armórica primitiva. Existían cinco castelos ou casas señoriais en Paule: Castellaouénan, Kéranguével, Kerjean (Kerjean), Kerloguennic (datado de 1577) e Lansalaun (século XVI).

Unha rebelión real estalou en febreiro de 1676 entre dous homes de Paoul, Jean Banalegan e Gilles Le Bert, tras a Revolta dos Gorros Vermellos.

Idade contemporánea[editar | editar a fonte]

No século XIX, Paule tiña unha poboación de 1.800 habitantes e estaba regada por varios arroios que fluían polos vales e desembocaban no río Aulne.

No século XX, durante a Primeira guerra mundial, Paoul perdeu 70 homes da comuna que morreron na guerra, un 3,62% da poboación total, segundo o censo realizado en 1911. Na Segunda guerra mundial, a comunidade perdeu outros 27 homes.

Poboación desde 1962[editar | editar a fonte]

Desde a segunda metade do XX até a derradeira década do século, a comuna perdeu poboación, que comezou a recuperar desde entón, sen chegar aínda ás cifras da década de 1960.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "2020 Galicia-Bretaña. Olladas comparadas" (PDF). Consello da Cultura. Consultado o 25 de xuño de 2023. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]