Panay
| Panay | |||||
|---|---|---|---|---|---|
|
|||||
| Localización | |||||
[[]] |
|||||
| Datos | |||||
| Capital | |||||
| País | Filipinas | ||||
| Linguas | |||||
| Poboación (2000) | 3.501.560 hab. | ||||
| Superficie | 11.514 Km² | ||||
| Densidade | 305 hab/km² | ||||
| Concellos | |||||
| Coordenadas | 11°09′N 122°29′E / 11.15°N 122.483°E | ||||
| Maior Altura | 2.117 m. Monte Madias | ||||
Panay é unha illa filipina do arquipélago das Visayas. Ten 11.514 km². Distínguense na mesma tres rexións: a occidental, con montañas de ata 2.180 m; a chaira central, percorrida polos ríos Sibalom, Jaro e Jalaud; e os outeiros do leste.
As principais cidades son Iloilo e Roxas. A súa economía baséase no sector primario: azucre, arroz, pesca. Tamén se explotan as selvas (ébano) e extráense cobre, carbón, manganeso, cromo e mercurio.
O nome da illa foi dado polos EUA a algúns dos seus barcos, o mais coñecido foi o USS Panay, lancha cañoneira do río Yang-Tse-Kiang, que as tropas xaponesas ametrallaron ata afundilo, en decembro de 1937, durante o saqueo de Nankin. O incidente do Panay provocou por milagre só dous mortos nas numerosas persoas de orixe occidental que se refuxiaran a bordo, fuxindo da tolemia sanguenta das tropas xaponesas. Todo o acontecemento foi filmado ao longo por correspondentes de guerra de varios paises que estaban a bordo. Un mes despois, as peliculas difundidas nos EUA durante o período das festas de fin de ano provocaron a ira do pobo e numerosas manifestacións esixindo unha reaccion enerxica do goberno. Roosevelt ameazou a Xapón con declararlle a guerra, pero o goberno xaponés, ao seu pesar, escusouse abundamente do "erro" dos seus soldados e pagou unha gran multa aos americanos.