Bonobo

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirixido desde "Pan paniscus")
Bonobo[1]
Rango fósil: 1.5 Millóns de anos ata a actualidade
Bonobos no Zoo de Cincinnati
Bonobos no Zoo de Cincinnati
Estado de conservación
En perigo
Clasificación científica
Reino: Animalia
Filo: Chordata
Clase: Mammalia
Orde: Primates
Familia: Hominidae
Xénero: Pan
Especie: P. paniscus
Nome binomial
Pan paniscus
Schwarz, 1929
Área de distribución dos Bonobos

Área de distribución dos Bonobos

Os bonobos, Pan paniscus, os noutrora chamados chimpancés pigmeos ou ananos,[2] son unha das dúas especies de primates do xénero Pan, sendo a outra especie do xénero o Pan troglodytes ou Chimpancé común. Malia que moitas veces chimpancé se emprega para denominar a ámbalas dúas especies, sóese entender que chimpancé só se refire a P troglodytes e que para referirse a Pan paniscus se precisa chamarlle bonobo.

Distínguse por unhas relativamente longas pernas, bicos arrosadiños, cara escura e un rabo peludo e pelo longo na cabeza na súa madurez. Os bonobos atópanse nunha área de 500.000 km2 da cunca do río Congo na República Democrática do Congo, na África central. É unha especie omnívora que habita bosques primarios e secundarios, incluso as masas forestais de barcias, empozadas en temporadas.

Coñécense ben polos seus comportamentos sexuais. O sexo nas comunidades da especie resolven conflictos de estado social, afecto, excitación e con fins de redución de estrés. Dáse en case todas as combinacións de parella e diferentes posicións. Os bonobos apréciase que son matriarciais e con rangos de machos na xerarquia social da comunidade, habitualmente determinada polos vencellos maternais de cada individuo.

Xunto cos Chimpancés comúns, o bonobo é a actual especie máis próxima aos humanos. Xa que as calquera das dúas especies de Pan non son nadadores habituais, considérase que o río do Congo hai 1.5-2 millóns de anos foi un factor determinante na especiación dos bonobos. Os bonobos viven bo sur do río, mentres que os chimanpés comúns están no norte deste.

Non hai datos actualizados das poboacións actuais da especie, mais as estimacións están nun rango de 29 mil a 50 mil individuos. A especie está catalogada como unha especie en perigo de extinción por mor da destrución do seu hábitat, os movementos poboacionais humanos e o crecemento desa poboación e pola comercialización da súa caza.

Chega a vivir en cautividade ata 40 anos[3] mais descoñécese o seu rango de vida no seu hábitat natural.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Mammal Species of The World. 3º Edición. Wilson & Reader
  2. de Waal, Frans; Lanting, Frans (1997). Bonobo: The Forgotten Ape. University of California Press. ISBN 0-520-20535-9.
  3. Rowe, N. (1996) Pictural Guide to the Living Primates, Pogonias Press, East Hampton, ISBN 0-9648825-1-5.

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]