Palais Bourbon

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
A Asemblea Nacional da Francia no Palais Bourbon

O Palais Bourbon (Pazo Bourbon) é un pazo parisino construído para albergar a residencia dos membros da Familia Bourbon e que actualmente é a sede da Asemblea Nacional de Francia. O pazo atópase na rive gauche (marxe esquerda) do Sena, enfronte da Place de la Concorde unida a ela pola Pont de la Concorde.

Unha sutileza ortográfica fai que se escriba como palais Bourbon cando se fala do inmoble, e Palais-Bourbon (com guión e maiúsculas) cando se fai referencia á institución da República onde se atopa a Assemblée nationale (Asemblea Nacional).

Historia[editar | editar a fonte]

O Palais Bourbon foi construído en orde de Louise Françoise de Bourbon (1673-1743), Mademoiselle de Nantes, filla lexítima de Luís XIV e de Madame de Montespan, quen fora casada co Luís III de Bourbon-Condé (1643-1709), Duque de Bourbon e 6º Príncipe de Condé.

O Palais Bourbon á noite

A construción do pazo foi comezada no ano 1722. O proxecto pasou por unha sucesión de arquitectos; en primeiro lugar Giardini e Pierre Cailleteau (dito "Lassurance"), quenes dimitiron prematuramente, despois Jean Aubert e Jacques V Gabriel, quen rematou os traballos de construción en 1728. Cando o pazo pasou a mans de Luís V Xosé de Bourbon-Condé (1736-1818), 8º Príncipe de Condé sufriu diversos traballos de ampliación en 1764. Este adquiriu a forma dun vasto pazo construído ao estilo do Grand Trianon e foi unido ao Hôtel de Lassay construído ao mesmo tempo, por unha galería.

Confiscado en 1791, o pazo deixou de pertencer aos Bourbon pasando a ser declarado ben nacional. No ano 1794 pasou a ser a sede da futura Escola Politécnica, antes de ser pasar ás mans do Conseil des Cinq-Cents (Consello dos Cincocentos) un ano máis tarde. Os traballos de renovación ocasionados por estes últimos ocupantes foron realizados polo arquitecto Pierre François Léonard Fontaine.

O Palais Bourbon, actualmente ocupado pola Asemblea Nacional da Francia

Estando Napoleón I no poder, o pazo transformou a faciana da súa fachada norte segundo os planos do arquitecto Bernard Poyet. Entre as modificacións destaca a instalación de doce columnas a xeito de templo grego, facéndose contrapunto coas da Igrexa da Magdalena, na rive droite (marxe dereita). O impoñente frontón alegórico foi esculpido por Antoine Chaudet e representa a Napoleón a cabalo ofrecendo ao Corpo Lexislativo as bandeiras conquistadas na Batalla de Austerlitz. Trala volta dos Bourbons ao trono, os baixosrelevos foron martelados e substituídos por outros esculpidos por Evariste Fragonard nos que se representaba unha cea na que se glorificaba a Carta Constitucional de 1814, concedida aos franceses por Luís XVIII. Á súa vez, a Monarquía de xullo substituiría este frontón polo actual, obra de Jean-Pierre Cortot, no que se representa ao estado francés, drapeada á antiga, de pé fronte ao seu trono, acompañado da Forza e da Xustiza, chamando a elite á elaboración das leis.

O Palais Bourbon acolleu de seguida, despois de sufrires modificacións interiores, as diferentes cámaras de deputados, baixo a Restauración Francesa e durante o Segundo Imperio, pasando a converterse na sede da Asemblea Nacional a partir de 1879.

As catro estatuas que acompañan ás escaleiras representan as catro grandes figuras do Estado: Maximilien de Sully, Jean-Baptiste Colbert, Henri François d'Aguesseau e Michel de l'Hospital.

Coleccións da Asemblea Nacional[editar | editar a fonte]

O Palais Bourbon visto dende a outra beira do Sena

A Asemblea Nacional posúe unha importante biblioteca, cuxo núcleo foi constituído a partir de bens confiscados das casas dos aristócratas exiliados. Entre os seus tesouros pódense atopar:

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  • Jean-Pierre Rioux, Le Palais-Bourbon. De Gambetta à de Gaulle, en Pierre Nora (dirección), Les Lieux de mémoire, tomo 2 La Nation, volume III, Gallimard, Paris, 1986 ISBN 2070706583
  • André Figueras, Zoologie du palais Bourbon, 1956

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]

Commons
Commons ten máis contidos multimedia sobre: Palais Bourbon