Honoré Daumier

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Honoré Daumier
AlcumeDaumier, Honore e Daumier, Honore Victorin
Nacemento26 de febreiro de 1808
Lugar de nacementoMarsella
Falecemento10 de febreiro de 1879
Lugar de falecementoValmondois
SoterradoValmondois, Cemiterio do Père-Lachaise e Grave of Honoré Daumier
NacionalidadeFrancia
EtniaPobo francés
Ocupaciónpintor, architectural draftsperson, caricaturista, escultor, litógrafo, gravador, ilustrador e artista gráfico
CónxuxeAlexandrine Dassy
Coñecido porRatapoil e El tren de los pobres
Na rede
Musicbrainz: b4357c0a-4aae-4e0e-8597-29e282e2c288 Find a Grave: 5762 Editar o valor em Wikidata
editar datos en Wikidata ]
Vagón de terceira de Honoré Daumier
Don Quixote e Sancho Panza (h. 1868)

Honoré Daumier, nado en Marsella o 26 de febreiro de 1808 e finado en Valmondois o 10 de febreiro de 1879, foi un caricaturista, pintor, debuxante e escultor francés.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Honoré Daumier naceu o ano 1808 na cidade de Marsella, pero sendo neno debeu transladarse a París xunto coa súa familia. En París, moi novo traballou como uxier nun tribunal de xustiza e cadete nunha librería, logo dedicouse a estudar pintura e debuxo. Deste xeito deu inicio á súa carreira de artista realizando traballos en xilografía e a ilustración de anuncios publicitarios nos que se nota o influxo de Nicolas-Toussaint Charlet.

En 1828 comezou as súas primeiras litografías para o diario La Silhouette (A Silueta). En 1830 iniciou o seu labor na revista humorística La Caricature onde adquiriu merecido renome polos seus gravados e debuxos cheos de sátira e crítica social (incluíndo escenas domésticas). En 1832 comezou a traballar en Le Charivari, xornal humorístico-político dirixido por Charles Philipon particularmente crítico co goberno de Lois Filipe I de Orleáns, alí tivo como colegas a outros sinalados caricaturistas: Raffet, Devéria e Grandville. Daumier precisamente por realizar unha caricatura na cal ese monarca aparecía retratado como Pantagruel (o larpeiro personaxe de Rabelais), sufriu unha prisión de seis meses.

En 1835 debido á instalación da censura en Francia, Daumier evitou a caricatura política directa e no seu lugar dedicouse a ridiculizar as convencións e costumes entón imperantes.

Retornou á sátira política coa Revolución de 1848. A partir dese mesmo ano 1848 apaixonouse pola pintura, tendo entón un estilo moi influído por Delacroix, Corot, Millet, Rousseau e -nas súas últimas obras- por Fragonard (Estudo do pintor) e os impresionistas (por exemplo: A lavandeira).

Tamén son moi valoradas as súas esculturas e bustos de xeso (escaiola) e bronce que realizaba principalmente para que lle servisen de modelos ao realizar as súas ilustracións.

Os seus gravados destácanse pola mordacidade descarnada e con todo de matices exquisitos e liñas nada exentas de sutileza, ao traballar sarcásticamente os rostros, as expresións, os xestos, con precisas esaxeracións logra dar noción da personalidade dos suxeitos representados. É interesante notar nas súas litografías o sabio uso das combinacións cromáticas para lograr os seus labores de expresar situacións emotivas nun ámbito social (existe aquí un influxo desde a obra de Goya); as súas litografías teñen unha calidade moi próxima á pintura, en canto á súa menos coñecida pintura, caracterízase por un patetismo logrado con masas escuras e contrastes de cores frías e cálidas, é así que se nos seus últimos tempos Daumier recibiu influxos dos impresionistas, el previamente xa influíra neles, pero non queda nisto a gravitación de Daumier, tamén influíu sobre os expresionistas, por exemplo en Nolde, Ernst Barlach e Ensor.

En 1865 coñecendo a grave situación económica pola cal pasaban Daumier e a súa esposa, o seu amigo o escultor Geoffroy Dechaume convenceulles para que fosen vivir a Valmondois (en Val d'Oise) onde o seu outro amigo, Corot, prestoulles unha pequena casa no centro do pobo; alí faleceu Daumier.

Obra[editar | editar a fonte]

Daumier realizou preto de 4000 litografías, 300 debuxos e 200 pinturas así como decenas de esculturas. Entre os seus gravados e pinturas destácanse:

  • Gargantúa (1831)
  • Un heroe en xullo (1832)
  • O ventre lexislativo (1832)
  • A liberdade de imprenta (1832)
  • O membro de todas as academias (1842)
  • A República (1848)
  • Os emigrantes, tamén coñecido como Os fuxitivos, (1852-1855)
  • Os ladróns e o asno (h. 1858)
  • O melodrama (h. 1860)
  • O levantamento
  • O primeiro baño
  • Charles Philipon
  • A lavandeira (1863)
  • O vagón de terceira (h. 1862-1864)
  • Don Quixote e Sancho Panza ou Don quixote (h. 1868)

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]