Paisaxe arqueolóxica das primeiras plantacións de café do sueste de Cuba

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Paisaxe arqueolóxica das primeiras plantacións de café do sueste de Cuba
Cafetal La Isabelica, antiga plantación de café nos contrafortes de Sierra Maestra, Santiago de Cuba, Cuba
Santiago de Cuba en Cuba
Santiago de Cuba
Santiago de Cuba
Patrimonio da Humanidade - UNESCO
País Cuba
LocalizaciónProvincia de Santiago de Cuba e Provincia de Guantánamo, Cuba
TipoCultural
CriteriosIII, IV
Inscrición2000 (24ª Sesión)
Rexión da UNESCOLatino América e o Caribe
Identificador1008

A Paisaxe arqueolóxica das primeiras plantacións de café do sueste de Cuba son os restos de varias plantacións de café do século XIX situadas nos contrafortes da Serra Maestra. Durante os séculos XIX e principios do XX, o leste de Cuba estivo principalmente involucrado co cultivo do café. Os restos das plantacións mostran as técnicas empregadas no difícil terreo, así como a importancia económica e social do sistema de plantacións en Cuba e no Caribe.[1]

No ano 2000, a Paisaxe Arqueolóxica das Primeiras Plantacións de Café do Sueste de Cuba engadíuse á lista de Patrimonio da Humanidade da UNESCO.[2]

Descrición[editar | editar a fonte]

O sitio Patrimonio da Humanidade inclúe 171 plantacións de café do século XIX e principios do XX ('cafetais') no sueste de Cuba, agrupados en sete lugares distintos:[1]

ID Nome Coordenadas
1008-001 La Gran Piedra 20°00′42″N 75°37′51″O / 20.01167, -75.63083 (La Gran Piedra)
1008-002 El Cobre 20°03′09″N 75°56′36″O / 20.05250, -75.94333 (El Cobre)
1008-003 Dos Palmas Contramaestre 20°02′59″N 76°05′01″O / 20.04972, -76.08361 (Dos Palmas Contramaestre)
1008-004 Yateras 20°21′35″N 74°58′49″O / 20.35972, -74.98028 (Yateras)
1008-005 El Salvador 20°17′58″N 75°16′24″O / 20.29944, -75.27333 (El Salvador)
1008-006 Niceto Pérez 20°08′31″N 75°19′36″O / 20.14194, -75.32667 (Niceto Pérez)
1008-007 Guantanamo 20°12′43″N 75°12′00″O / 20.21194, -75.20000 (Guantanamo)

As plantacións atópanse en diferentes estados de conservación, dende o Cafetal Isabelica, que está totalmente restaurado, a algunhas que están totalmente arruinadas.[1] Non obstante, todas seguen un esquema similar. No centro da plantación atópase a residencia do propietario, construída xeralmente ao estilo de arquitectura vasca, adaptada a un clima tropical.[3] Rodeando a casa do dono estaban os barracóns dos escravos, feitos de madeira fráxil e cubertos con pólas e follas.[3] Cada plantación tamén inclúe un secadero en socalcos para a preparación do gran de café e outros edificios para moenda e tueste.[1]

Historia[editar | editar a fonte]

Artigo principal: Produción de café en Cuba.

Os colonizadores franceses estableceron plantacións de café no século XVIII na illa da Hispaniola, pero a independencia de Haití en 1804 fixo que fuxisen a Cuba, que entón estaba baixo dominio español.[3] Durante o século XIX, establecéronse moitas plantacións de café en toda a Serra Maestra, pero non foron capaces de competir coas plantacións de café do Brasil, Colombia e Costa Rica a comezos do século XX, e declinaron gradualmente.[3] Hoxe , só unhas poucas plantacións de café seguen en funcionamento.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 1,2 1,3 "Archaeological Landscape of the First Coffee Plantations in the South-East of Cuba". 
  2. "World Heritage Committee Inscribes 61 New Sites on World Heritage List". UNESCO. Consultado o 15 de maio de 2015. 
  3. 3,0 3,1 3,2 3,3 International Council on Monuments and Sites (15 de setembro de 1999). Coffe Plantations (Cuba) (Informe). Consultado o 29 de maio de 2021. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]