Oxynotus

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Oxynotus
Rango fósil: mioceno - actualidade [1]
Oxynotus bruniensis
Oxynotus bruniensis
Clasificación científica
Reino: Animalia
Filo: Chordata
Subfilo: Vertebrata
Clase: Chondrichthyes
Subclase: Elasmobranchii
Superorde: Selachimorpha
Orde: Squaliformes
Familia: Oxynotidae
T. N. Gill, 1912
Xénero: Oxynotus
Rafinesque, 1810
Especie tipo
Oxynotus centrina
Rafinesque, 1810
Especies
Véxase o texto

Oxynotus é o xénero tipo, e único, da familia dos oxinótidos (Oxynotidae), peixes elasmobranquios da orde dos escualiformes.

As súas cinco especies actualmente descritas, coñecidas popularmente como peixes porco,[2] [3] [4] habitan en augas do Mediterráneo, Atlántico e Pacífico occidental.[5]

Etimoloxía[editar | editar a fonte]

O nome Oxynotus deriva das palabras do grego clásico ὀξύς oxýs "agudo", "afiado", e νῶτον nôton, "detrás", "atrás", é dicir, significa "afiado pola parte de atrás".

Características[editar | editar a fonte]

As principais características dos peixes porco son as seguintes:[5]

O corpo é moi alto e comprimido, triangular en sección transversal, de entre 50 e 150 cm de lonxitude e coa pel moi rugosa.

As aletas dorsais son moi altas (especialmente no peixe porco veleiro, cada unha delas cunha grande espiña, que pode estar oculta pola aleta. A orixe da primeira pode extenderse moito máis alá das aberturas branquiais.

Teñen quillas laterais no abdome, entre as aletas pectorais e as pelvianas.

Presentan órganos luminiscentes.

Historia natural[editar | editar a fonte]

Son propios da plataforma e o noiro continental.[5]

Taxonomía[editar | editar a fonte]

Peixe porco (Oxynotus centrina).

A familia comprende un só xénero, Oxynotus coas cinco especies seguintes:[5]

En Galicia[editar | editar a fonte]

En augas próximas a Galicia aparecen citadas na bibliografía ictiolóxica galega as especies Oxynotus centrina [6] [7] [2] [3] como "frecuente" e, de presenza menos asidua, Oxynotus paradoxus [2] [3]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Sepkoski, Jack (2002): A compendium of fossil marine animal genera (Chondrichthyes entry), Bulletins of American Paleontology, volume 364, p. 560. [1]
  2. 2,0 2,1 2,2 2,3 Rodríguez Solórzano et al. (1983), p. 43.
  3. 3,0 3,1 3,2 3,3 Rodríguez Villanueva et al. (1992):, p. 70.
  4. 4,0 4,1 4,2 Lahuerta e Vázquez (2000), p. 188.
  5. 5,0 5,1 5,2 5,3 Froese, R. e D. Pauly. (eds.) (2009): FishBase. World Wide Web electronic publication. Versión 10/2009.
  6. Ríos Panisse (1977), p. 178.
  7. Solórzano et al. (1988), p. 13.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Commons
Commons ten máis contidos multimedia sobre: Oxynotus

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  • Compagno, Leonard; Marc Dando & Sarah Fowler (2005): Sharks of the World. New Jersey: Princeton University Press. ISBN 0-691-12072-2.
  • Lahuerta Mouriño, F. e Vázquez Álvarez, F. X. (2000): Vocabulario multilingüe de organismos acuáticos. Santiago de Compostela: Xunta de Galicia. ISBN 84-453-2913-8.
  • Moreno, Juan A. (2004): Guía de los tiburones de aguas ibéricas, Atlántico nororiental y Mediterráneo. Barcelona: Ediciones Omega. ISBN 978-84-282-1367-7.
  • Nelson, Joseph S. (2006): Fishes of the World. John Wiley & Sons. ISBN 0-471-25031-7.
  • Ríos Panisse, M. C. (1997): Nomenclatura de la flora y fauna marítimas de Galicia. I Invertebrados y peces. Verba, Anejo 7. Santiago de Compostela: Universidad de Santiago de Comnpostela. ISBN 84-7191-008-X.
  • Rodríguez Solórzano, Manuel; Sergio Devesa Regueiro e Lidia Soutullo Garrido (1983): Guía dos peixes de Galicia. Vigo: Editorial Galaxia. ISBN 84-7154-433-4.
  • Rodríguez Villanueva, X. L. e Xavier Vázquez (1992): Peixes do mar de Galicia. (I) Lampreas raias e tiburóns. Vigo: Edicións Xerais de Galicia. ISBN 84-7507-654-8.
  • Solórzano, Manuel R[odríguez]; José L. Rodríguez, José Iglesias, Francisco X, Pereira e Federico Álvarez (1988): Inventario dos peixes do litoral galego (Pisces: Cyclostomata, Chondrichthyes, Osteichthyes). O Castro-Sada, A Coruña: Cadernos da Área de Ciencias Biolóxicas (Inventarios). Seminario de Estudos Galegos, vol. IV. ISBN 84-7492-370-0.

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]