Fernando Cervigón

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Fernando Cervigón
Nacemento1930
Lugar de nacementoValencia
Falecemento17 de maio de 2017
Lugar de falecementoCaracas
NacionalidadeVenezuela e España
Alma máterUniversidade de Barcelona
Ocupaciónzoólogo e ictiólogo
PremiosBolsa de estudos Guggenheim
editar datos en Wikidata ]

Fernando Cervigón, nado en Valencia, España, é un oceanógrafo e ictiólogo hispano-venezolano.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Realizou os seus estudos de licenciatura e doutoramento en Ciencias Biolóxicas na Universidade de Barcelona. Foi director científico da Estación de Investigaciones Marinas de Margarita (Nueva Esparta, Venezuela), da "Fundación La Salle" (1961-1970). Posteriormente exerceu como profesor–investigador na Universidade de Oriente (1970-1980), onde ocupou o cargo de director do Instituto Oceanográfico de Cumaná (1973-74), e do Centro de Investigaciones Científicas do Núcleo de Nueva Esparta, até 1980, xubilándose como Profesor Titular en 1990.

Foi comisionado pola oficina rexional da UNESCO para ditar cursos e conferencias en varios países de Iberoamérica, e Consultor da FAO en 1977-78 e 1991. En 1983 creou a Fundación Museo del Mar da Illa de Margarita (Nueva Esparta, Venezuela), da que é presidente vitalicio, inaugurándose o Museo Marino de dita fundación en 1994.[1]

Ao longo dos máis de 50 anos de vida científica descubriu e describiu numerosas especies de peixes, entre elas o peixe porco do Caribe[2] e é autor de numerosas obras sobre os peixes e o medio ambiente oceánico de Venezuela.

Obra[editar | editar a fonte]

Entre as súas obras científicas é de destacar Los peces marinos de Venezuela, publicada en cinco volumes entre os anos 1991 e 2000.[3]

Moi compenetrado coa cultura e o sentir margariteños, ademais dos seus traballos científicos publicou numerosas obras relacionadas con aspectos da natureza e a idiosincrasia humana dos insulares, interesándose tamén pola historia rexional e a súa proxección nacional dn Venezuela. Entre estes temas merecen destacarse:

  • Paraguachoa (1977)
  • La Carpintería de Ribera en la Isla de Margarita (1988)
  • Cubagua 500 años (1997)
  • Las perlas en la historia de Venezuela (1998)

Honras e distincións[editar | editar a fonte]

  • Premio Nacional de Ciencias (1988).
  • Individuo de número da Academia de Ciencias Físicas, Matemáticas y Naturales (2002).
  • Medalla de primeira clase da Orde Andrés Bello (1988)
  • Grande Oficial da Orde del Libertador (1994).

É fillo adoptivo dos Municipios Península de Macanao e Tubores, do Estado Nueva Esparta, e foi declarado fillo ilustre do mesmo estado pola Asemblea Rexional en 2003.

Abreviatura[editar | editar a fonte]

A abreviatura Cervigón utiliízase para referirse a Fernando Cervigón como autoridade na descrición e taxonomía en zooloxía.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Especies únicas en Margarita" por Joan Izaguirre. El Universal, 22/11/2004. Consltada o 16/12/2012.
  2. Oxynotus caribbaeus Arquivado 05 de xuño de 2011 en Wayback Machine. na Lista Vermella da IUCN (en inglés) Consultada o 16/12/2012.
  3. Arturo Acero (1993): "Los Peces Marinos de Venezuela Volumen 1", Copeia (Sociedad Americana de ictiólogos y herpetólogos) 1993 (1): pp. 248–249.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]