Peixe porco

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Peixe porco
(Oxynotus centrina)
Oxynotus centrina Gervais.jpg
Estado de conservación
Vulnerable
Clasificación científica
Reino: Animalia
Filo: Chordata
Subfilo: Vertebrata
Clase: Chondrichthyes
Subclase: Elasmobranchii
Superorde: Selachimorpha
Orde: Squaliformes
Familia: Oxynotidae
Xénero: Oxynotus
Especie: O. centrina
Nome binomial
Oxynotus centrina
(Linnaeus, 1758)
Distribución do peixe porco

Distribución do peixe porco
Sinonimia
  • Centrina oxynotus Swainson, 1839
  • Centrina salviani Risso, 1827
  • Centrina vulpecula Moreau, 1881
  • Squalus centrina Linnaeus, 1758

O peixe porco,[1] [2] [3] Oxynotus centrina, é unha especie de peixe elasmobranquio escualiforme da familia dos oxinótidos (Oxynotidae).[4]

Descrición[editar | editar a fonte]

As pricipais característiucas do peixe porco son:[2]

  • Corpo denso, e moi alto, de sección triangular, co dorrso prominente, cuberto dunha pel moi grosa e áspera. É un tiburón, non superando os 150 cm de lonxitude.
  • Cabeza pequena e aplanada.[5] Fociño curto, coa boca de pequeno tamaño e de forma ovalada, armnada de dentes lanceolados dispostos en varias series.[6]
  • Espiráculo grande, alongado verticalmente, de forma oval ou de lúa crecente.
  • Dúas aletas dosrsais altas, con forma de velas e con senllas espiñas diante, case totalmente envolvidas pola pel. Aletas ventrais opostas á segunda aleta dorsal. Sen aleta anal.
  • coloración que vai da gris escura á gris apardazada en todo o corpo, con pequenas manchas escuras, a xeito de erupcións na cabeza e no lombo; unha liña horizontal, non ben marcada, separa as áreas escuras na cabeza; outras, cruzan as meixelas por debaixo dos ollos.

Hábitat e bioloxía[editar | editar a fonte]

É un animal mariño propio do mar Mediterráneo (falta no mar Negro) e do océano Atlántico oriental desde as costas de Noruega até Sudáfrica. Raro no mar do Norte setentrional.[7] A súa presenza nas costas de Mozambique é dubidosa.[8]

Encóntrase en fondos coralinos e fangosos da plataforma e do continentais, principalmente entre os 100 e os 200 m de profundidade, aínda que se rexistron individuos até unha profundidade de 800 m.[8] [2]

É unha especie de hábitos solitarios que adoita nadar lentamente.[6] é ovovivíparo.[8] A fecundación ten lugar en xaneiro e as crías nacen uns 3 meses máis tarde.[5] As camadas compóñense de 7-8 crías,[2] que ao nacer miden entre 21 e 24 cm.[8]

Hai poucos estudos sobre a súa alimentación e só Compagno cita que se alimenta de vermes poliquetos;[9] pola súa parte Terofal et al. afirman que a súa alimentación componse de animais de todo tipo do fondo mariño.[5]

Estado de conservación[editar | editar a fonte]

Segundo a IUCN, o status de conervación do peixe porco, no ano 2007, era de VU (especie vulnerábel).[10]

En Galicia[editar | editar a fonte]

O peixe porco é unha especie relativamente frecuente en augas próximas á nosa comunidade.[1] [2]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 Rodríguez Solórzano et al. (1983), p. 43.
  2. 2,0 2,1 2,2 2,3 2,4 Rodríguez Villanueva et al. (1992):, p. 70.
  3. Lahuerta e Vázquez (2000), p. 188.
  4. Oxynotus centrina en SIIT. (en castelán) Consultada o 16/12/2012.
  5. 5,0 5,1 5,2 Terofal, F. e Militz, C. (2005): Peces de Mar. Barcelona: Editorial Blume. ISBN 84-8076-268-3, p. 290.
  6. 6,0 6,1 Corbera, J.; Sabatés, A. e Garcia-Rubies, A. (1996): Peces de Mar de la Península Ibérica. Barcelona: Ed. Planeta. ISBN 84-08-01799-3, p. 314.
  7. Muus et al. (1998), p. 59.
  8. 8,0 8,1 8,2 8,3 Bradaï, M. N.; Serena, F. e Bianchi, I. (Mediterráneo) e Ebert, D. A. (Sudáfrica) (2007): Oxynotus centrina na Lista vermella da IUCN.
  9. Compango et al. (1984)
  10. Oxynotus centrina na Lista vermella da IUCN.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Commons
Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Peixe porco Modificar a ligazón no Wikidata
Wikispecies-logo.svg
Wikispecies posúe unha páxina sobre: Peixe porco

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  • Compango, J. L. V. (1984): Sharks of the World. An annotated catalog of shark especies known to date. Roma: FAO.
  • Compagno, Leonard; Marc Dando & Sarah Fowler (2005): Sharks of the World. New Jersey: Princeton University Press. ISBN 0-691-12072-2.
  • Lahuerta Mouriño, F. e Vázquez Álvarez, F. X. (2000): Vocabulario multilingüe de organismos acuáticos. Santiago de Compostela: Xunta de Galicia. ISBN 84-453-2913-8.
  • Moreno, Juan A. (2004): Guía de los tiburones de aguas ibéricas, Atlántico nororiental y Mediterráneo. Barcelona: Ediciones Omega. ISBN 978-84-282-1367-7.
  • Muus, Bent J.; Jørgen G. Nielsen; Preben Dahlstrøm e Bente O. Nyström (1998): Peces de mar del Atlántico y del Mediterráneo. Barcelona: Ediciones Omega. ISBN 84-282-1161-2.
  • Nelson, Joseph S. (2006): Fishes of the World. John Wiley & Sons. ISBN 0-471-25031-7.
  • Ríos Panisse, M. C. (1997): Nomenclatura de la flora y fauna marítimas de Galicia. I Invertebrados y peces. Verba, Anejo 7. Santiago de Compostela: Universidad de Santiago de Compostela. ISBN 84-7191-008-X.
  • Rodríguez Solórzano, Manuel; Sergio Devesa Regueiro e Lidia Soutullo Garrido (1983): Guía dos peixes de Galicia. Vigo: Editorial Galaxia. ISBN 84-7154-433-4.
  • Rodríguez Villanueva, X. L. e Xavier Vázquez (1992): Peixes do mar de Galicia. (I) Lampreas raias e tiburóns. Vigo: Edicións Xerais de Galicia. ISBN 84-7507-654-8.
  • Solórzano, Manuel R[odríguez]; José L. Rodríguez, José Iglesias, Francisco X, Pereira e Federico Álvarez (1988): Inventario dos peixes do litoral galego (Pisces: Cyclostomata, Chondrichthyes, Osteichthyes). O Castro-Sada, A Coruña: Cadernos da Área de Ciencias Biolóxicas (Inventarios). Seminario de Estudos Galegos, vol. IV. ISBN 84-7492-370-0.

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]