Asuán

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:Xeografía políticaAsuán
Imaxe

Localización
Mapa
 24°05′20″N 32°53′59″L / 24.088919, 32.899731Coordenadas: 24°05′20″N 32°53′59″L / 24.088919, 32.899731
EstadoExipto
GobernaciónAssuão (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Capital de
Assuão (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Poboación
Poboación267.913 (2006) Editar o valor em Wikidata
Xeografía
Bañado porNilo Editar o valor em Wikidata
Altitude99 m-99 m Editar o valor em Wikidata
Organización política
Membro de
Identificador descritivo
Fuso horario
Outro
Irmandado con

Assouan, en 1857.
A cidade de Asuán vista desde a illa Elefantina
Presa de Asuán

Asuán[1][2] (أسوان Aswān) é a cidade máis meridional de Exipto, na marxe oriental do río Nilo, á altura da Primeira Catarata e capital da gobernación homónima. Posúe 220.000 habitantes (2002), e é capital da gobernación de Asuán. Está situada na beira oriental do Nilo, é un centro comercial e turístico.

Asuán é un dos lugares habitados máis secos do mundo. Na antigüidade levaba o nome de Siena (Syene) do cal deriva Asuán (Syene → As Syene → As Son → As Suán → Asuán ). A súa fama actual débese ao encoro construído para regular as augas do Nilo.

A posición moi cerca do trópico do cáncer de Asuán permitiu a Eratóstenes calcular a circunferencia da Terra: un mercador contoulle que o día do solsticio de verán, o 22 de xuño a mediodía, a luz do sol iluminaba o fondo dun pozo, co que Eratóstenes deduciu que o sol se atopaba entón exactamente no cénit, e comparou coa súa posición no ceo neste mesmo intre na súa cidade, Alexandría, o que lle deu a distancia angular entre as dúas cidades. Coñecendo a distancia entre as dúas cidades, puido calcular, aplicando a proporcionalidade, o raio da Terra.

Historia[editar | editar a fonte]

Presa de Asuán[editar | editar a fonte]

É unha grande obra hidráulica que Exipto construíu coa axuda tanto técnica como económica da Unión Soviética. Presenta as seguintes características:

  • lonxitude de 5 quilómetros
  • altura mínima no centro de 76 metros
  • lonxitude do encoro, máis de 400 km
  • capacidade de 70.000 millóns de m³
  • produción enerxética de 10.000 millóns de kWh anuais
  • capacidade de irrigación 800.000 ha

A Canteira do Obelisco inacabado[editar | editar a fonte]

Nesta localidade atópase unha das canteiras máis coñecidas do Antigo Exipto. Trátase dunha canteira de granito, situada na ribeira oriental do Nilo, no centro da cidade. Contén un gran obelisco inacabado, que non foi rematado debido a que presenta gretas latentes na pedra. Este monumento inacabado proporciona a excelente oportunidade para os arqueólogos de entender como se traballaba nas canteiras desa clase, polo que é o mellor exemplo de conservación en Exipto dunha canteira en pleno labor de produción dun obelisco.

Se o obelisco chegase a rematarse sería o máis grande do mundo, con 41,75 metros de altura e 1.168 toneladas de peso.

Dende o ano 2002 está a ser obxecto de estudo arqueolóxico e realízanse traballos de acondicionamento para a súa explotación turísticas. Durante estes traballos fixéronse descubertas importantes como a existencia dunha canle que pode que comunicase a canteira co Nilo.[3]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Anaír Rodríguez Rodríguez, Montserrat Davila Ventura. Lingua galega: dúbidas lingüísticas (PDF). Área de Normalización Lingüística da Universidade de Vigo. p. 103. ISBN 84-8158-266-2. 
  2. Benigno Fernández Salgado, ed. (2004). Dicionario Galaxia de usos e dificultades da lingua galega. Editorial Galaxia. p. 1303. ISBN 9788482887524. Asuán (Exipto) 
  3. "Copia arquivada". Arquivado dende o orixinal o 21 de agosto de 2008. Consultado o 04 de decembro de 2007. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]