Orde composta

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

A orde composta é unha orde arquitectónica romana que combina elementos corintios, ábacos e follas, e elementos xónicos, as volutas[1]. Ata o renacemento a orde foi considerada unha versión tardía da corintia. Trátase dun estilo mixto en que se insiren no capitel as volutas do xónico e as follas de acanto do corintio. A columna ten dez módulos de altura.

Os artistas romanos non tiveron a pretensión de aplicar sobre iso un novo sistema arquitectónico, para o adorno como para a ordenanza a orde composta non difire máis da orde corintia que as variedades diversas desta última difiren ordinariamente entre elas. Son os arquitectos do século XVI os que imaxinaron facer unha orde especial desta combinación de formas observadas en munumentos romanos. O capitel corintio, pola variedade dos seus aspectos, pola facilidade de modificar a mercé da alegoría na decoracion, pola riqueza das esculturas que contén, foi a que serviu mellor o gusto dos arquitectos polos símbolos e a magnificencia dos atributos; por isto vemos variedades innumerables de capiteles, nos cales a orde primitiva desapareceu case por completo de estar tan cargados a chegar ao cambio da forma esencial. Logo de ver delfines, tritones, trofeos, na composición dun capitel corintio, vimos volutas xónicas, sen inquietarse polos motivos desa mudanza. É deste xeito que a orde composta se fixo un sistema bastardo e parasito, que non se sabería erixir en orde especial. Con todo foi aplicada sobre un gran número de edificios do Renacemento, e as regras foron postas por mestres famosos que se poden citar: Baldassarre Peruzzi, Sebastiano Serlio ou Philibert Delorme, entre outros.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Ana Romero Masiá e Felipe Arias Vilas. Arqueiloxía e prehistoria. Ir indo edicios. ISBN 84-7680-168-8. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]