Omicrón

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Maiúscula e minúscula da letra omicrón.

Nome da decimo quinta letra do alfabeto grego (ὂ μικρόν); equivale ao /o/, o breve. Minúscula ο, maiúscula Ο. Adoita transcribirse como o. Provén da letra do alfabeto fenicio ‘Ayin, que representa unha fricativa laringal sonora, da que carece o grego, podéndose, xa que logo, aproveitar o signo para a vogal /o/, dado que o fenicio non notaba as vogais. Como signo numérico representaba o setenta. En maiúscula serve tamén para designar o décimo quinto canto da Ilíada de Homero e en minúscula o décimo quinto da Odisea.

Véxase tamén:[editar | editar a fonte]


Alfabeto grego
Alfa - Beta - Gamma - Delta - Epsilon - Dseta - Eta - Theta - Iota - Kappa - Lambda - Mi - Ni - Xi - Omicrón - Pi - Rho - Sigma - Tau - Ipsilon - Fi - Khi - Psi - Omega
Letras suplementarias do alfabeto grego
Digamma - Stigma - Heta - San - Sho - Qoppa - Sampi