Obodritas

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Mapa da Marca Billunga (ano 1000 aprox.) que amosa diferentes tribos da confederación obodrita.

Os obodritas (en alemán: Abodriten, en polaco: Obodrzycy) foron unha confederación de tribos eslavas occidentais da Idade Media situadas no territorio dos actuais estados de Mecklemburgo-Antepomerania e Schleswig-Holstein no norte de Alemaña. Durante décadas foron aliados de Carlomagno nas súas guerras contra os saxóns xermánicos e os veleti eslavos. En 798 os obodritas, gobernados polo príncipe Drożko ou Draško (Thrasco, orixinalmente), derrotaron aos saxóns na batalla do río Swentana. Os saxóns, que aínda eran pagáns (os nordalbinxios), foron dispersados polo emperador, e a parte do seu antigo territorio en Holstein ao norte do Elba foi concedida aos obodritas en 804, como recompensa pola súa vitoria. Isto, con todo, reverteuse pronto pola invasión dos daneses.

Límes Saxoniae formando a fronteira entre os saxóns ao oeste e os obodritas ao leste.

O Xeógrafo Bávaro, un documento medieval anónimo solicitado en Ratisbona en 830, contén unha lista das tribos da Europa centro-oriental, ao leste do Elba. A lista inclúe os nortabtrezi (obodritas) con cincuenta e tres civitates. Adán de Bremen refírese a eles como os reregi debido ao seu lucrativo emporio comercial, Reric. Do mesmo xeito que outros grupos eslavos, foron frecuentemente descritos por fontes xermánicas como vendos.

As principais tribos da confederación obodrita foron:

Outras tribos asociadas coa confederación inclúen:

  • Os Linonen preto de Lenzen.
  • Os Travnjane preto do Trave.
  • Os Drevani en Wendland e o norte de Altmark.

Como aliados dos reis carolinxios e do imperio dos seus sucesores otonianos, os obodritas combateron desde 808 ata 1200 contra os reis de Dinamarca, quen desexaban dominar a rexión báltica independentemente do imperio. Cando xurdiu a oportunidade, neste caso pola morte dun emperador, buscaban tomar o poder, e en 983 Hamburgo foi destruída polos obodritas baixo o seu rei, Mstivoj. En ocasións recibían tributos dos daneses e saxóns. Baixo o liderado de Niklot, resistiron un asalto cristián durante a Cruzada Wenda.

Misioneiros alemáns, tales como San Vicelino, converteron aos obodritas ao cristianismo. En 1170 admitiron o protectorado do Sacro Imperio Romano Xermánico, comezando a xermanización e asimilación nos seguintes séculos. Con todo, ata xa o século XV tardío a maioría dos aldeáns do área obodrita seguiron falando dialectos eslavos (lingua polaba), aínda que posteriormente o seu idioma foi substituído polo alemán. A lingua polaba sobreviviu ata comezos do século XIX no que hoxe é o estado alemán de Baixa Saxonia.

Algúns dos obodritas tamén migraron ao sur e asentáronse na Chaira panónica, onde o condado de Bács-Bodrog do Reino medieval de Hungría foi nomeado no seu honor.

Lista de xefes obodritas[editar | editar a fonte]

Niklot (1090–1160), xefe da confederación obodrita

Os gobernantes posteriores a estes clasifícanse dentro dos duques e Arquiduques de Mecklemburgo.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  • Herrmann, Joachim (1970). Die Slawen in Deutschland. Berlin: Akademie-Verlag GmbH. (en alemán)
  • Turasiewicz A., Dzieje polityczne Obodrzyców od IX wieku do utraty niepodległości w latach 1160 - 1164, Warszawa 2004, ISBN 83-88508-65-2 (en polaco)

Outros artigos[editar | editar a fonte]