Nuno Álvares Pereira

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Estatua próxima ó castelo de Ourém,Portugal

Nuno Álvares Pereira (24 de xuño de 13601 de novembro de 1431), tamén coñecido como o Santo Condestábel ou Beato Nuno de Santa Maria, foi un xeneral portugués do século XIV que desempeñou un papel fundamental na crise de 1383-1385, onde Portugal xogou a súa independencia contra Castela. Nuno Álvares Pereira foi tamén conde de Arraiolos, de Barcelos e de Ourém.

A vitoria atinxida, dirixindo campesiños (batalla dos Atoleiros, no Alentexo), levouno a ser nomeado condestábel do exército, á fronte do cal logrou a decisiva vitoria de Alxubarrota (14 de agosto de 1385) contra as tropas castelán-francesas, aliadas á súa vez con parte da nobreza lusa, asegurando o trono portugués para o Mestre de Avis.

Commons
Commons ten máis contidos multimedia sobre: