Nova Cembla - Нoвая Земля
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirixido desde "Novaya Zemlya")
| Nova Cembla - Нoвая Земля | |||||
|---|---|---|---|---|---|
|
|||||
| Localización | |||||
|
[[]] |
|||||
| Datos | |||||
| Capital | Belushya Guba | ||||
| País | Rusia | ||||
| Linguas | |||||
| Poboación (2002) | 2.716 hab. | ||||
| Superficie | |||||
| Densidade | |||||
| Concellos | |||||
| Coordenadas | 75°10′N 57°50′E / 75.167°N 57.833°E | ||||
| Maior Altura | 1.590 m (Illa Norte) | ||||
Novaya Zemlya (tamén chamada Nova Cembla; ruso: Нoвая Земля, Terra Nova), é un arquipélago ártico ruso localizado entre o Mar de Barents a oeste e o Mar de Kara a leste. Situado próximo do continente, o territorio mais próximo é a illa de Vaygatch, a suroeste, da cal está separado polo estreito Karskiye Vorota. Esta illa, á súa vez, está separada do continente por un estreito de preto de 10 km de largura.
A Nova Cembla componse de dúas grandes illas - Illa Severny (Norte) e Illa Yuzhny (Sur) -, separadas por un estreito canal, o Matotchkin Shar, e dun número considerable de illas adxacentes. Aínda que xeoloxicamente constitúa o prolongamento cara ao norte dos Montes Urais, o arquipélago inclúese en Europa.