Nicolai Abraham Abildgaard

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Nicolai Abraham Abildgaard

Jens Juel, óleo de 1772.
Nacemento 11 de setembro de 1743
Lugar de nacemento Copenhaguen Dinamarca Dinamarca
Morte 4 de xuño de 1809
Lugar de morte Frederiksdal
Nacionalidade danés
Eido pintura, escultura, e arquitectura
Traballos Filoctetes, Ossian
Influenciado por Claude Lorrain e Nicolas Poussin


Nicolai Abraham Abildgaard, nado en Copenhaguen en 1743 e finado na mesma cidade en 1809, foi un pintor danés.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Fillo dun anticuario, estudou pintura na Real Academia Danesa da Arte (Det Kongelige Danske Kunstakademi) con Johan Mandelberg e Johannes Wiedewelt. Como axudante de Mandelberg colaborou na decoración do palacio real de Fredensborg.

Entre 1772 e 1777 fixo unha viaxe de estudos a Roma, onde estudou os frescos de Anibal Carracci e as pinturas de Rafael, Tiziano e Miguelanxo. Ademais entra en contacto co escultor sueco Johan Tobias Sergel e o pintor Johann Heinrich Füssli que exercen unha grande influencia no seu afastamento do clasicismo, aprendido na Academia, e no seu achegamento ás fontes literarias de Shakespeare, Homero e Osian.

De volta a Dinamarca foi nomeado profesor da Academia en 1778. Christoffer Wilhelm Eckersberg e Asmus Jacob Carstens salientaron entre os seus discípulos. En 1780 foi requerido polo goberno danés para pintar pezas históricas que servisen de decoración ao Cuarto dos Cabaleiros (Riddersal) do Palacio de Christiansborg. Esas pinturas non só amosan elementos históricos, senón tamén alegóricos e mitolóxicos (xeroglíficos, símbolos) que reflicten o seu apoio á Revolución francesa, o rei rexeitou o deseño, e finalmente en 1794 foi destruído nun incendio.

Dirixiu a Academia de Copenhaguen de 1789 a 1791 e de 1801 a 1809.

O seu estilo foi clásico, cun fondo romántico. Tiña un remarcable sentido da cor, e unha clara preferencia por temas históricos.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Commons
Commons ten máis contidos multimedia sobre: Nicolai Abraham Abildgaard