Nicolae Ceauşescu
| Nicolae Ceauşescu | |||
|---|---|---|---|
|
|
|||
| {{{cargoexecutivo1}}} | |||
| Período: | {{{periodo1}}} | ||
| Antecesor: | {{{antecesor1}}} | ||
| Sucesor: | {{{sucesor1}}} | ||
| Chanceler: | {{{chanceler1}}} | ||
| {{{cargoexecutivo2}}} | |||
| Período: | {{{periodo2}}} | ||
| Antecesor: | {{{antecesor2}}} | ||
| Sucesor: | {{{sucesor2}}} | ||
| {{{cargoexecutivo3}}} | |||
| Período: | {{{periodo3}}} | ||
| Antecesor: | {{{antecesor3}}} | ||
| Sucesor: | {{{sucesor3}}} | ||
| {{{cargoexecutivo4}}} | |||
| Período: | {{{periodo4}}} | ||
| Antecesor: | {{{antecesor4}}} | ||
| Sucesor: | {{{sucesor4}}} | ||
| Datos persoais | |||
| Nacemento: | 26 de xaneiro de 1918 | ||
| Lugar: | Scorniceşti, Romanía |
||
| Falecemento: | 25 de decembro de 1989 | ||
| Lugar: | Târgovişte, Romanía |
||
| Organización: | Partido Comunista de Romanía | ||
| Afiliacións: | {{{afiliacións}}} | ||
| Cónxuxe: | {{{cónxuxe}}} | ||
| Parella: | {{{parella}}} | ||
| Fillos: | {{{fillos}}} | ||
| Residencia: | {{{residencia}}} | ||
| Cargo(s): | Presidente de Romanía (1967 - 1989) | ||
| Alma mater: | {{{almamater}}} | ||
| Profesión: | Político | ||
| Relixión: | {{{relixión}}} | ||
| Sinatura: | {{{sinatura}}} | ||
| Sitio web: | {{{web}}} | ||
Nicolae Ceauşescu nado en Scorniceşti o 26 de xaneiro de 1918 e finado en Târgovişte o 25 de decembro de 1989, foi un político, comunista e ditador romanés.
Traxectoria[editar]
Naceu na vila de Scorniceşti, Oltenia, Romanía. Segundo algunhas versións, mentres era empregado dun zapateiro estaba vagando nunha estación de ferrocarril e roubou unha maleta, o que foi descuberto pola Policía. A maleta resultou estar repleta de panfletos do Partido Comunista Romanés polo que foi levado preso a Doftana, xunto con outros comunistas. Dise que este foi o seu primeiro contacto co comunismo.
Foi membro do ilegal Partido Comunista Romanés (PCR) no período anterior á Segunda Guerra Mundial. Ceauşescu estivo preso entre 1936 e 1940 polas súas actividades. Logo da guerra, cando Romanía empezou a caer baixo a influencia soviética, Ceauşescu exerceu como secretario da Unión de Mocidades Comunistas (1944-45). Despois de que os comunistas tomaron o poder en Romanía en 1947, asumiu o cargo de ministro de Agricultura e despois serviu como ministro subrogante das Forzas Armadas no goberno leninista de Gheorghe Gheorghiu-Dej. Ceauşescu eventualmente ascendeu ata a segunda posición na xerarquía do Partido.
Coa morte de Gheorghiu-Dej en marzo de 1965, Ceauşescu converteuse en líder do PCR e en 1967 chegou á presidencia do Consello do Estado. Rapidamente converteuse nunha figura popular, grazas á súa política independente, que desafiaba a supremacía da Unión Soviética no país.
Nos anos 60 rematou coa participación activa de Romanía na alianza militar do Pacto de Varsovia, destacando a súa condena á invasión de Checoslovaquia en 1968. En 1974 Ceauşescu converteuse en presidente de Romanía, mantendo a súa posición independente nas relacións internacionais. Por iso, en 1984, o seu país foi un dos dous países pertencentes ao eixo comunista que participaron nos Xogos Olímpicos de Los Angeles 1984. Ademais, o país foi o primeiro do bloque do leste en ter relacións oficiais coa Comunidade Europea.
Con todo, Ceauşescu non quixo realizar reformas liberais. A evolución do seu réxime seguiu a ruta leninista imposta por Gheorghiu-Dej. A súa oposición ao control soviético foi maiormente determinado pola súa falta de vontade de cambiar a súa política estalinista. A policía secreta romanesa (Securitate), mantivo un firme control sobre a liberdade de expresión e os medios de comunicación e non tolerou a existencia algunha de oposición. Isto intensificouse nos anos 80.
Para pagar a débeda externa acumulada produto da industrialización acelerada na década anterior, ordenou a exportación de gran parte da produción agrícola e industrial do país. O resultado foi a escaseza de comida, enerxía e medicamentos, que provocou que a vida diaria dos romaneses fose unha loita pola supervivencia. Ceauşescu ademais instituíu un culto á súa persoa, dándose a si mesmo o título de Conducător, tendo ata un cetro feito para el como presidente. Tamén múltiples membros da súa familia tiveron importantes posicións no seu goberno, como a súa muller Elena Ceauşescu.
En 1978 Ion Mihai Pacepa, un experimentado membro do Securitate, desertou a Estados Unidos, o que foi un duro golpe para o réxime e levouno a redeseñar a arquitectura da policía secreta. O libro de Pacepa, Horizontes vermellos: Crónicas dun espía comunista (1986), sinala que o réxime de Ceauşescu colaborou con terroristas árabes e realizou espionaxe a industrias de países occidentais.
Empezando en 1972, Ceauşescu instituíu un programa de sistematización, que foi promulgado como unha forma de construír unha «sociedade socialista desenvolvida multilateral». O programa de demolición, construción e recolocación empezou nas zonas rurais, terminando co intento de remodelar completamente a capital. Un quinto das construcións de Bucarest, incluíndo igrexas e edificios históricos, foron botados abaixo, e substituídos por edificacións que seguían o estilo personalista do réxime. Moita xente morreu durante a construción do "Palacio do Pobo" (Casa Poporului), en Bucarest, o que actualmente ocupa o Parlamento e que é o segundo edificio máis grande do mundo, despois do Pentágono. Tamén planificou a demolición de múltiples vilas para mover aos seus habitantes a edificios de bloques nas cidades, como parte do seu programa de urbanización e industrialización.
O réxime de Ceauşescu colapsou tras ordenarlles ao Exército e á Securitate disparar en contra de protestantes anticomunistas en Timişoara o 17 de decembro de 1989. A rebelión ampliouse polo país, chegando a Bucarest e o 22 de decembro as Forzas Armadas fraternizaron cos protestantes. O mesmo día Ceauşescu e a súa esposa fuxiron da capital nun helicóptero, mentres un axudante apuntaba a cabeza do piloto cunha pistola. O piloto aterrou tras simular un fallo mecánico e Ceauşescu foi capturado polas Forzas Armadas nun bloqueo de estrada.
O 25 de decembro Ceauşescu e a súa muller foron condenados á morte por unha "Corte marcial" nun xuízo sumario baixo unha serie de cargos, entre os que se inclúen o xenocidio, sendo executados en Târgovişche. Algunhas secuencias destes sucesos foron transmitidas pola televisión Romanesa. Romanía foi o único país de Europa oriental que derrocou violentamente ao seu réxime comunista.
Logo da caída de Ceauşescu, Ion Iliescu gañou as eleccións presidenciais en 1990.