Securitate

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

A Securitate, cuxo nome completo era Departamentul Securităţii Statului (Departamento de Seguridade do Estado), foi a policía segreda durante a época da Romanía comunista. Anteriormente, a policía segreda deste país coñecíase como Siguranţa statului, que foi fundada o 30 de agosto de 1948 coa axuda do NKVD soviético. Este corpo foi desmantelado e disolto en decembro de 1989, tras o colapso do réxime e a execución do entón presidente Nicolae Ceauşescu e a súa dona.

A Securitate foi naquel tempo, en proporción co número de habitantes que posuía Romanía, un dos maiores e máis brutais corpos de policía segreda do Bloque do Leste.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]