Nespereira europea

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

A nespereira europea (Mespilus germanica) é unha árbore froiteira que dá un froito chamado néspera. Malia ter un nome con referencia a Xermania, é orixinario de Asia Menor e o sueste de Europa, e foi levado a Alemaña polos romanos e de aí ao resto de Europa occidental. O cultivo da nespereira do Xapón (Eriobotrya japonica) foi aos poucos substituíndo a néspera europea, que xa non se atopa nos mercados.

Descrición[editar | editar a fonte]

A nespereira europea acada os 6 m de altura, malia que en óptimas condicións de cultivo pode superar os 8 m. Posúe unha copa baixa e estendida poboada de pólas tortas. Require climas temperados, con cálidos veráns e inviernos macíos. Prefire exposicións asolladas, vexetando ben nos solos acedos e secos. Nestas condicións compórtase coma perennifolio, cunha expectativa de vida de entre 30 e 50 anos. As follas da nespereira europea son oblongas e longas (15 x 5 cm), elípticas e apuntadas con marxes dentados ou lisos. Adoitan ser pubescentes, verde brillante e lustrosas, aínda que en climas fríos tórnanse douradas polo outono.

Flor

Florea entre maio e xuño, ofrecendo flores solitarias de 5 pétalos, brancas ou rosadas. Os froitos, as nésperas, son globulares, van pasando do verde ao pardo amarelento ao madurar, acadando uns 2 ou 3 cm. Posúe un sabor agridoce e consómese directamente (se non está ben chegado é moi indixesto) ou en preparados a base de viño ou xeleas.

Historia[editar | editar a fonte]

A nespereira xa se cultivaba hai uns 3 000 anos na rexión do Mar Caspio. Contra o ano 700 aC chegou a Grecia, espallándose por Roma arredor do ano 200 a. C., converténdose nunha importante cultura froiteira durante o Imperio romano e maila Idade Media. Na actualidade viuse naturalizado en case toda Europa e, en ocasións, atópase ventureiro, en cuxo caso é unha arboriña miúda e espiñenta. En Galicia hoxe non é común nin cultivado nin bravo, debido á substitución pola nespereira do Xapón.

Usos[editar | editar a fonte]

Ademais do seu carácter coma froiteira cómpre engadir a súa capacidade ornamental. A elegante copa aberta e mais o súa mesta ramallada de lustrosas e grandes follas convérteno nun fermoso elemento decorativo plantado só no céspede. Especialmente indicada para este uso é a variedade "Dutch", de menor rendemento froiteiro porén máis vizoso.

A madeira é a base para a fabricación do caxato tradicional vasco chamado makila, con cuxa entrega réndense honras ás personalidades.

Taxonomía[editar | editar a fonte]

Mespilus germanica foi descrita por Linneaus e publicado en Species Plantarum 1: 478, no ano 1753.[1]

Sinonimia

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Nespereira europea en Trópicos
  2. "Nespereira europea". Real Jardín Botánico: Flora Ibérica. Consultado o 23 de abril de 2022. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  1. Jørgensen, P. M. & C. Ulloa Ulloa. 1994. Seed plants of the high Andes of Ecuador---A checklist. AAU Rep. 34: 1–443.
  2. Jørgensen, P. M. & S. León-Yánez. (eds.) 1999. Catalogue of the vascular plants of Ecuador. Monogr. Syst. Bot. Missouri Bot. Gard. 75: i–viii, 1–1181.

Outros artigos[editar | editar a fonte]