Nerio (revista)
Nerio | |
---|---|
País | España |
Lugar | Corcubión |
Lingua | lingua castelá |
Fundación | 1920 |
[ editar datos en Wikidata ] |
Nerio foi unha revista quincenal editada en Corcubión entre 1920 e 1921.
Historia e características
[editar | editar a fonte]Subtitulada Revista quincenal independente. Órgano defensor de los intereses de la comarca de Corcubión, apareceu o 1 de xullo de 1920. Posteriormente, na campaña pro-ferrocarril A Coruña-Carballo-Corcubión cambiou o seu subtítulo por Órgano de defensa. Corcubión-Muros, converténdose nunha publicación comarcal. Promovida por Pepe Miñones, estaba dirixida por Segundo Rey Fernández. Entre os seus colaboradores figurou Roberto Blanco Torres. Tiña correspondentes en toda a comarca, Arxentina e Cuba. Incluíu actualidade comarcal, agrícola, marítima, traballos históricos e literatura. Cesou a súa publicación co número 17 en setembro de 1921. Recibe o seu nome da tribo dos nerios, que poboaban a zona antigamente.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- "Nerio". Enciclopedia Galega Universal. Ir Indo. 1999-2002. ISBN 84-7680-288-9.
- "Nerio". Gran Enciclopedia Galega Silverio Cañada (DVD). El Progreso. 2005. ISBN 84-87804-88-8.
- Lamela, Luís (1991). Pepe Miñones. Un crimen en la leyenda (1900-1936). Sada: Do Castro. ISBN 84-7492-538-X.
- Vilavedra, Dolores, ed. (1997). Diccionario da literatura galega. Publicacións Periódicas II. Vigo: Editorial Galaxia. ISBN 84-8288-137-X.