Need for Speed

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Need for Speed (NFS ou nd4spd) é unha serie de videoxogos pertencente a EA Games, dispoñible para múltiples plataformas (PC, Playstation,etc). É un xogo de carreiras, que leva ás rúas, estradas e autoestradas automóbiles reais, deportivos, todoterreos... ós que ultimamente incorpóraselle as opcións de poder tunealo.

Orixe da serie[editar | editar a fonte]

Need for Speed foi desenvolto por Distinctive Software Inc., un estudio situado en Vancouver, Canadá. DSI creou previamente xogos de carreiras famosos, como Stunts e "Test Drive II".

Máis tarde Distinctive Software foi mercado por Electronic Arts e renomeado como EA Canada. A implicación de DSI con NFS decaeu ó focalizar os seus esforzos na creación da liña de xogos de EA Sports. No 2002, outro afiliado de EA, Blackbox Software, foi o principal desenvolvedor de Need For Speed.

A serie[editar | editar a fonte]

The Need for Speed (1994)[editar | editar a fonte]

O Need for Speed orixinal foi lanzado para 3DO Interactive Multiplayer no 1994 con versións para PlayStation, PC, e Sega Saturn. Na primeira versión atópanse persecucións por parte de coches de policía, tema que logo se estendería nas series chamadas Hot Pursuit, en NFS 3 e NFS 4. Estas versións son as que mellor funcionaron no mercado.

Na primeira versión de Need for Speed intentase plasmar o manexo real dos coches; Electronic Arts traballou xunto á revista automobilística Road & Track para conseguir o comportamento dos vehículos, así como o son da panca de cambios de marcha.

Inclúe estes coches: Acura NSX, Porsche Carrera, Dodge Viper, Chevrolet Corvette, Mazda RX-7, Toyota Supra, Ferrari 512 TR e Lamborghini Diablo. O xogo contén datos precisos dos coches, así como comentarios falados.

Need for Speed SE (1995)[editar | editar a fonte]

Unha edición pouco coñecida de Need for Speed; esta edición especial "Special Edition" está considerada como o episodio perdido de NFS.

Dispoñible só en PC CD-ROM, preparado para Windows 95, precisaba DirectX 2 e conexión TCP/IP, inclúe dúas novas pistas e varias melloras no motor de xogo.

Need for Speed II (1997)[editar | editar a fonte]

NFS II ten tres modos de carreira:

  • Tournament (torneo): córrese en todos os circuítos sumando puntos. Era posible cambiar de vehículo para cada circuíto. Por suposto, gaña o que máis puntos consegue, activándose un novo coche (Ford Indigo).
  • Knock-out (KO): Compítese en todos os circuítos co mesmo coche, e eliminase ó último en chegar. Ao final actívase o circuíto "Hollywood" onde corren os dous últimos superviventes.
  • Single race (Carreira única): Correr por un circuíto 2, 4 ou 8 voltas con calquera coche, con tráfico ou sen el, e contra un competidor ou sete.

Need for Speed II inclúe vehículos de alto luxo: McLaren F1, Ferrari F50, Ford GT90, Jaguar XJ220, Lotus GT1, Isdera Commendatore 112i, Lotus Esprit, Italdesign Calà e Ford Indigo.

Nesta versión, o son do motor e da bucina de cada coche parécese moito ao dos coches reais.

Need for Speed II SE (1997)[editar | editar a fonte]

Esta edición especial inclúe circuítos extra e novos coches, coma o Ferrari F355, ou o Italdesign Nazca C2. Tamén ten soporte para Glide, o estándar de entón para gráficos 3D usado nas tarxetas de vídeo 3Dfx de Voodoo e Voodoo 2.

Need for Speed III: Hot Pursuit (1998)[editar | editar a fonte]

NFS III engade o modo Hot Pursuit, no que o xogador ten que gañar a carreira escapando da policía, ou xogar coma policía e tentar dar caza e arrestar ós pilotos que infrinxiran os límites de velocidade. Moitos dos coches e circuítos non están dispoñibles ó comezar o xogo. O obxectivo é desbloquealos ó gañar carreiras.

Dispón de coches coma o Mercedes SL600, Jaguar XJR, Aston Martin DB7, Lamborghini Countach, Chevrolet Corvette, Ferrari F355 Spider, Italdesign Scighera, Lamborghini Diablo ou Mercedes CLK-GTR.

NFS III aproveita as vantaxes das capacidades multimedia do CD-ROM incluíndo comentarios de audio, presentacións de imaxes e vídeos con música.

Esta é a edición de NFS que máis vendas logrou.

Need for Speed IV: High Stakes / Road Challenge (1999)[editar | editar a fonte]

High Stakes (título en EE.UU.) e Road Challenge (título europeo) apareceu no verán de 1999. Foi amplamente criticado por ser demasiado semellante ó NFS III, especialmente dado que tódolos circuítos da 3ª edición estaban presentes nesta (entre outros).

Non obstante, High Stakes/Road Challenge introduciu algúns tipos novos de xogo:

  • "High Stakes" é un modo de carreira no que a recompensa é o coche do perdedor.
  • "Getaway" tratase de escapar da policía tanto tempo como sexa posible.
  • "Career": este modo incorpora un sistema de retribución económica que permite ao xogador facerse con vehículos e melloras de rendemento.

Outra innovación é a introdución de danos. Os coches involucrados en accidentes vense notoriamente afectados, polo que perden efectividade, ademais da necesidade de reparalos tras a carreira.

Esta versión foi a base para as outras, e incluíu moitos efectos 3D con capacidade de creación con ferramentas proporcionables de EA.

Need for Speed V: Porsche Unleashed / Porsche 2000 (2000)[editar | editar a fonte]

Porsche 2000 (ou Porsche Unleashed en EE.UU.) é diferente das versións previas porque inclúe só Porsches; o xogo ven con ampla información sobre estes coches. Os coches condúcense de maneira máis realista que os episodios anteriores e teñen uns gráficos moi avanzados. O xogador ten que gañar carreiras para desbloquear coches en orde cronolóxica, desde o año 1950 ao 2000.

O concepto de "evolución" foi impactante para moita xente, e creou moitos novos fans de Porsche. O "Factory Driver" (piloto de probas) é unha maneira diferente de desbloquear coches. Moitas destas probas son consideradas moi complicadas. Calquera que finalice este modo pode ser chamado un "gran piloto virtual".

Need for Speed VI: Hot Pursuit 2 (2002)[editar | editar a fonte]

Hot Pursuit 2 foi esencialmente NFS III con gráficos mellorados. O xogo foi un fracaso comercial, en parte a causa do seu excesivo estilo "arcade". Un exemplo frecuente dado polos críticos é que o xogo inclúe un helicóptero de policía que deixa caer barrís de substancias tóxicas explosivas na traxectoria do xogador. Ademais o servizo de descarga de coches en Internet é moi difícil de atopar.

Esta versión carece de funcións que ten o seu predecesor de persecucións (NFS 3), como a pantalla partida para dous xogadores, controles na vista de cámara ou gardado de repeticións. As capacidades de multixogador en LAN foron quitadas en favor do sistema de emparellamentos a través de internet de "EA.com".

Hot Pursuit 2 é o primer Need for Speed que renuncia a unha banda sonora orixinal de rock e techno en favor de cancións con licenza para "EA Trax".

Need for Speed VII: Underground (2003)[editar | editar a fonte]

Un xiro completo na fórmula da serie, NFSU ofrece un modo de carreira cun argumento e un garaxe onde o xogador pode personalizar o aspecto visual e o rendemento dos seus coches. Todas as carreiras teñen lugar na cidade pola noite. En lugar de deportivos de luxo, esta versión inclúe vehículos que poden atoparse en calquera concesionario, como o Mazda MX-5 ou o Peugeot 206 entre moitos outros. Need for Speed: Underground tivo un grande éxito comercial. O desenvolvemento era cerrado, é dicir non había posibilidade de percorrer libremente a cidade. A historia consistía basicamente en avanzar por unha clasificación de corredores ata converterse no rei das carreiras ilegais.

Plataformas: PC, PlayStation 2, Gamecube, Xbox e GBA

Need for Speed VIII: Underground 2 (2004)[editar | editar a fonte]

Esta versión foi lanzada o 15 de novembro de 2004. É unha continuación da anterior, co mesmo espírito esencial. Con todo, engade características coma a condución libre. Desta maneira o xogador pode ir pola cidade libremente, atopando tendas de pintura, compoñentes e talleres onde mellorar o seu "buga". Tamén pode atopar sitios de reunión onde se fan carreiras ilegais e competir nelas.

Algúns dos moitos vehículos que se poden conducir son: Ford Focus, Hummer H1, Toyota Celica, Audi TT, Subaru Impreza, Mitsubishi Lancer Evolution VIII, Mitsubishi Eclipse, Mitsubishi 3000 GT, Mazda RX-8, ou o Nissan Skyline.

Plataformas: PC, PlayStation 2, Gamecube, Xbox, GBA Nintendo DS

Need for Speed IX: Most Wanted (2005)[editar | editar a fonte]

NFS Most Wanted (os máis buscados) devolve a serie as súas raíces, con persecucións policiais coma protagonistas do xogo.

Neste xogo o piloto debe gañar carreiras e evitar ser capturado pola policía para escalar postos na Lista negra da policía dos corredores de carreiras ilegais máis buscados. Nesta entrega as carreiras pasan a ser polo día, e desaparece a modalidade de derrape.

Need for Speed X: Carbono (2006)[editar | editar a fonte]

Need for Speed: Carbono é o último título da saga Need for Speed. Nesta entrega vólvese as carreiras e os drift nocturnos, posiblemente en resposta a película A Todo Gas: Tokyo Race. No Carbono sempre se corre de noite, a diferenza do Most Wanted, porén a selección de coches e moi similar, inclúense 3 tipos de coches, deportivos xaponeses, Tuner, coches moi asociados ca cultura import, Exóticos, coches luxosos, e Muscle, típico coche americano. Esta entrega tamén introduce unha forma de xogo por equipos, algunhas carreiras axudarache a gañalas un corredor do teu equipo, tamén o ir gañando carreiras o teu equipo dominará máis territorio e uniránseche novos membros que, segundo as súas habilidades, daranche a posibilidade de tunear determinadas partes do coche.

Need for Speed XI: Undercover (2008)[editar | editar a fonte]

O novo lanzamento da EA vólvese a drift nocturnos e drift de día e outros. Con persecucións policiais, o xogo devolve súas raíces. Neste xogo o piloto pode andar na cidade, disputar contra outros pilotos en corridas simples ou complexas. Os antigos modos devolve nese xogo.