Natalie Imbruglia
| Atención: Este artigo ou apartado precisa dun traballo de revisión. Por favor, vexa a lista de Artigos con problemas e de acordo coas indicacións que aparecen nesa páxina. Cando os problemas se resolvan, retire esta mensaxe e borre a páxina da lista de artigos con problemas, pero, por favor, non quite esta mensaxe ata que estea todo solucionado (se fose posible, sería mellor substituír este marcador por outro máis específico). (Desde xaneiro de 2011.) |
| Natalie Imbruglia | |
|---|---|
| Nome completo | Natalie Jane Imbruglia |
| Alias | Natalie Imbruglia |
| Naceu | 4 de febreiro, 1975 |
| Orixe | Costa Central, Australia |
| Morreu | |
| Ocupación (s) | Músico, Actriz |
| Xénero | Pop, Rock |
| Instrumento(s) | Cantante |
| Tipo de voz | |
| Selo(s) discográfico (s) | Sony BGM |
| Relacionado con | |
| Tempo en activo | Como cantante: 1997 - presente Como actriz: 1994 - presente |
| Web | Páxina oficial |
Natalie Jane Imbruglia, nada o 4 de febreiro de 1975, é unha cantante e actriz australiana. A segunda de catro irmáns, de pai siciliano –Messina- e nai australiana, Natalie medrou na Costa Central, o norte de Sydney. Como Jason Donovan e Kylie Minogue, tamén participou na serie de televisión Veciños (Neighbours) antes de comezar a súa carreira de cantante.
O seu primeiro single, "Tom", lanzado en 1997, alcanzou o número 2 nas listas inglesas, e o seu álbum Left of the Middle vendeu seis millóns de copias. O seguinte en aparecer, en 2001, foi White Lilies Island, que vendeu máis dun millón de copias. En 1999 colaborou con Tom Jones no seu disco Reload.
Imbruglia volveu actuar en 2002 nun papel secundario na parodia de espías Johnny English, xunto con Rowan Atkinson. Casou co seu noivo, Daniel Johns, cantante de Silverchair, despois dun largo período de noivazgo, o 31 de decembro de 2003.
En abril de 2005, Imbruglia lanzou o seu terceiro traballo de estudio, Counting Down the Days no Reino Unido, o cal alcanzou o número un en ventas na súa primeira semana. O primeiro single deste álbum foi "Shiver". Este se converteu no seu single máis duradeiro no Reino Unido dende o seu debut. O segundo single foi "Counting Down The Days", lanzado o 25 de xullo, que a pesar de que tivo menos éxito que "Shiver", logrou manter o interese no traballo de Imbruglia.
En 2007 a súa discográfica lanza Glorious: The Singles 97-07 para celebrar o seu décimo aniversario como cantante.
Índice |
Discografía[editar]
- Artigo principal: Discografía de Natalie Imbruglia.
Álbums[editar]
- Left of the Middle (1997) #5 Reino Unido, #10 US, #1 Australia Ventas mundiais: 7.500.000 discos.
- White Lilies Island (2001) #15 Reino Unido, #35 US, #3 Australia Ventas mundiais: 1.520.000 discos.
- Counting Down the Days (2005) #1 Reino Unido, #12 Australia Ventas mundiais: 800.000 discos.
- Glorious: The Singles 97-07 (2007)
Sinxelos[editar]
- De Left of the Middle:
-
- "Torn" (27 de octubre de 1997) #2 Reino Unido, #2 Australia, #42 US
- "Big Mistake" (17 de abril de 1998) #2 Reino Unido, #5 Australia
- "Wishing I Was There" (Junio de 1998) #19 Reino Unido, #24 Australia
- "Smoke" (16 de noviembre de 1998) #5 Reino Unido, #42 Australia
- De White Lilies Island:
-
- "That Day" (29 de octubre de 2001) #11 Reino Unido, #10 Australia
- "Wrong Impression" (11 de marzo de 2002) #10 Reino Unido, #33 Australia, #64 US
- "Beauty on the Fire" (22 de julio de 2002) #26 Reino Unido
- De Counting Down the Days:
-
- "Shiver" (21 de marzo de 2005) #8 Reino Unido, #19 Australia
- "Counting Down the Days" 25 de julio de 2005
- De Glorious: The Singles 97-07:
-
- "Glorious" (27 de agosto de 2007) #23 Reino Unido
Aparicións[editar]
- "Troubled by the Way We Came Together" en Go O.S.T. (1999)
- "Never Tear Us Apart" con Tom Jones en Reload (1999)
- "Identify" en Stigmata O.S.T (1999)
- "Cold Air" en Y tu mamá también O.S.T. (2001)
- "Pineapple Head" en She Will Have Her Way (2005)
Versións[editar]
O tema "Smoke" foi versionado pola banda de rock gótico alemana Dreadful Shadows, no seu disco Apology, no ano 2000.
Véxase tamén[editar]
Ligazóns externas[editar]
- Páxina oficial de Natalie Imbruglia
- Natalie Imbruglia na IMDb (en inglés).
- Portal Imbruglia
- ImbrugliaWeb
- Imbruglia-Inside
- Imbrugliano Blog
|
|||||||||||
