Rock gótico

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Rock gótico
Orixes do estilo: punk rock, post-punk
Orixes culturais: finais dos 70 no Reino Unido
Instrumentos típicos: guitarra, baixo, batería, caixa de ritmos, sintetizadores, teclados
Popularidade: principalmente underground ata mediados-finais dos anos 80; baixa dende mediados dos 90
Derivados: Ethereal Wave
Xéneros de fusións
dark cabaret - deathrock - gothabilly - Dark Wave

O rock gótico é un subxénero do post-punk e do rock alternativo aparecido a finais dos anos 70. As bandas de rock gótico medraron ligadas fortemente ao punk rock inglés e xurdiron das escenas post-punk. O xénero e si mesmo foi definido como movemento independente do punk rock durante os primeiros anos 80 debido ás diferenzas significativas da nova corrente; o rock gótico, en oposición ao punk, combina escuridade, e a miúdo música pesada de teclados con letras introspectivas e depresivas.

O rock gótico deu lugar a unha subcultura gótica máis ampla que inclúe clubs, roupa e numerosas publicacións que medraron en popularidade nos anos 80.

Primeira xeración (1979 - 1985)[editar | editar a fonte]

Destacadas bandas da primeira xeracón do rock gótico son Bauhaus, Siouxsie and the Banshees, Cocteau Twins, The Cure, The Sisters of Mercy, Virgin Prunes, Sex Gang Children, Christian Death, The Damned, Southern Death Cult, This Mortal Coil, Flesh for Lulu, UK Decay, The Mission, Specimen, Theatre of Hate, Theatre of Ice, Xmal Deutschland, The Danse Society, Dead Can Dance, The Bolshoi, 45 Grave, Gene Loves Jezebel, Kommunity FK e Alien Sex Fiend, entre outras.

Segunda xeración (1985 - 1995)[editar | editar a fonte]

Clan of Xymox, Lacrimosa, The Merry Thoughts.

Terceira xeración (1995 ata hoxe)[editar | editar a fonte]

London After Midnight, The Cruxshadows, The Frozen Autumn, The Last Dance, Noctivagus, Sunshine Blind, Trance to the Sun, The Empire Hideous, The Shroud, Voltaire e Two Witches.