Silverchair

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Silverchair
Silverchair.jpg
Orixe Newcastle, Australia Australia
Período 1992 - 2011
Xénero(s) rock alternativo, pop rock, grunge
Selo(s) discográfico(s) Murmur, Epic, Eleven
Membros Daniel Johns
Chris Joannou
Ben Gillies
Tobin Finnane
Na rede
http://www.chairpage.com/

Silverchair foi unha banda australiana de rock alternativo. O grupo formouse co nome Innocent Criminals en Merewether, Newcastle, Australia no ano 1992, co vocalista e guitarrista Daniel Johns, o baixista Chris Joannou e o batería Ben Gillies. Silverchair tivo moito éxito no seu país de orixe, gañando os principais premios da industria musical australiana, os ARIA Awards, 21 veces. A banda tamén recibiu seis APRA Awards.

A súa popularidade comezou a mediados de 1994 cando gañaron un concurso nacional de demos organizado por un programa de televisión e a radio Triple J. A banda asinou pouco despois un contrato con Murmur, e fixéronse coñecidos na escena rock de todo o mundo. No ano 2003, despois da edición de Diorama, a banda anunciou un hiato, durante o cal os seus membros gravaron cos seus proxectos paralelos, The Dissociatives, The Mess Hall e Tambalane. Silverchair reuníuse no 2005 para os concertos Wave Aid, editou Young Modern no 2007 e realizou a xira Across the Great Divide con Powderfinger. Ata a data a banda vendeu ao redor dos 6 millóns de discos.

Discografía[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]