Muro dos Lamentos

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Coordenadas: 31°46′36″N 35°14′3″E / 31.77667°N 35.23417°E / 31.77667; 35.23417

O Muro das Lamentacións

O Muro dos Lamentos, ou tamén Muro das Lamentacións (en hebreo, הַכֹּתֶל הַמַעֲרָבִי, Hakótel Hama'araví) é un muro de contención, o derradeiro vestixio do Segundo Templo[Cómpre referencia], o edificio máis sagrado do xudaísmo. Os restos que aínda quedan datan da época de Herodes o Grande, quen mandou construir grandes muros de contención arredor do Monte Moriá, ampliando a pequena explanada sobre a cal foron edificados o Primeiro e o Segundo Templo de Xerusalén, formando o que hoxe se coñece como a Chá das Mesquitas.

Historia[editar | editar a fonte]

O Primeiro Templo, ou Templo de Salomón, foi construido no século X a. C., e derrubado polos babilonios no 586 a. C. O Segundo Templo, en tanto, foi reconstruido por Esdras e Nehemías á volta do Exilio de Babilonia, e volto a destruir polos romanos no ano 70 da nosa era, trala Gran Revolta Xudía. De tal modo, cada templo se mantivo en pé por uns 400 anos.

Cando as lexións do emperador Tito destruíron o templo, só unha parte do muro exterior quedou en pé. Tito deixou este muro para que os xudeus tiveran a amarga lembranza de que Roma vencera a Xudea (de alí o nome de Muro das Lamentacións). Os xudeus, porén, o atribuíron a unha promesa feita por Deus, segundo a cal sempre quedaría en pé cando menos unha parte do sagrado templo como símbolo da súa alianza perpetua co pobo xudeu. Os xudeus teñen pregado frente a este muro durante os derradeiros dous milleiros de anos, crendo que este é o lugar accesible máis sagrado da Terra, xa que non poden acceder ó interior da Chá das Mesquitas, que sería o máis sagrado de todos.

Celebración dun Bar Mitzvá na explanada fronte ó Muro das Lamentacións

A tradición de introducir un pequeno papel cunha plegaria entre as rendixas do muro ten varios séculos de antigüidade[Cómpre referencia].

O Muro das Lamentacións é sagrado para os xudeus debido a que é o último anaco do muro que rodeaba o Templo polo sur e polo leste. Ademais, o Muro é o lugar máis cercano ó sancta sanctorum ou lugar "sagrado entre os sagrados" (1 Reyes 8:6-8). Das tres seccións do muro, o do leste, do sur e do oeste, o do oeste é o lugar tradicional de oración (de alí o seu nome en hebreo, Hakótel Hama'araví, "o Muro Occidental").

Na Explanada das Mesquitas, rodeada polo Muro, os musulmáns teñen ido construíndo ó longo dos séculos a Cúpula da Rocha e a Mesquita de al-Aqsa.

Notas e referencias[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Commons
Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Muro dos Lamentos

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]