Moscovita
| Moscovita | |
|---|---|
| Exemplares de moscovita | |
| Fórmula química: | KAl2AlSi3O10(OH,F)2 |
| Clase: | Silicatos |
| Subclase: | Filosilicatos |
| Sistema cristalino: | Monoclínico |
| Cor: | Branca e grisácea |
| Brillo: | Nacarado |
| Dureza: | 2-2,5 |
| Fractura: | Irregular |
| Exfoliación: | Perfecta, en láminas |
| Raia: | Branca |
| Densidade: | 2,8-3 g/cm3 |
A moscovita é un tipo de mica bastante frecuente en moitos tipos de rochas. É de cor branca ou grisácea. Xunto coa biotita, son os dous tipos de micas que máis abundan na Terra, e polo tanto podémola atopar en moitísimas zonas de Galicia.
Índice |
[editar] Aspecto
A moscovita preséntase en forma de cristais con forma hexagonal formando frecuentemente maclas. A súa exfoliación é perfecta e faina en forma de láminas moi flexibles e elásticas, suaves, traslúcidas, de brillo nacarado (coma a parte interior dunha cuncha de mexillón) e lixeiramente coloreadas.
[editar] Lugares onde se atopa
A moscovita atópase en granitos, pegmatitas, gneises, lousas e mármores. É, polo tanto, un mineral formador de rochas.
[editar] Usos da moscovita
A moscovita é usada frecuentemente como illante eléctico e térmico. Na antiga Rusia, a moscovita era usada como substituto do vidro, de aí o seu nome.
[editar] Propiedades
É un mineral insoluble nos ácidos (excepto no ácido fluorhídrico) e dificilmente fusible.
[editar] Outros silicatos
O cuarzo e o feldespato son outros dous silicatos importantes.