Montañas Douradas de Altai
Montañas Douradas de Altai | |
---|---|
Álamos preto do leito dun río. Ao fondo, os Montes Dourados do Altai | |
Patrimonio da Humanidade - UNESCO | |
País | Rusia |
Localización | Montañas Altai |
Tipo | Natural |
Criterios | x |
Inscrición | 1998 (2ª sesión) |
Rexión da UNESCO | Asia |
Identificador | 768 |
As Montañas Douradas de Altai é o nome co que se coñece unha ampla zona de 16 175 km² en Siberia que comprende as reservas naturais de Altai e de Katun, o lago Telétskoye, o monte Belukha e a meseta de Ukok, que foi declarada Patrimonio da Humanidade da UNESCO.[1][2]
Tal como a UNESCO sinalou na súa descrición do sitio, «a rexión representa a secuencia máis completa de zonas altitudinais de vexetación na Siberia central, desde estepas a vexetación tipicamente alpina». Ao facer esta declaración, a UNESCO convidou aos rusos a preocuparse da preservación dos mamíferos en perigo no Altai, como o leopardo das neves e o Ovis ammon ammon, o argalí de Altai (a subespecie tipica do Ovis ammon (unha ovella salvaxe).[1][3]
Este lugar é ademais o lugar de orixe duna raza de cabalos, o cabalo Altai (unha raza de poni siberiano).[4]
A rexión do Altai[editar | editar a fonte]
A rexión de Altai está formada por catro sitios e tipos de paisaxes: o monte Belukha, a meseta de Ukok, o río Katun e o val de Karakol. O monte Belukha está considerado como un lugar sagrado para os budistas e os burkhanistas. Foi a localización do Shangri-La, lugar ficticio descrito na novela Horizontes perdidos (Lost Horizon), publicada en 1933 por el autor británico James Hilton (o nome trata de evocar o imaxinario exótico de Oriente. O monte Beluhka foi escalado por primeira vez a principios do ano 1900, e hoxe en día congrega unha gran cantidade de escaladores cada ano.
A meseta de Ukok é un lugar onde antigamente se asentaron os primeiros pobos siberianos. Varios mitos están relacionados con esta parte das Montañas Douradas; por exemplo, pensábase que a meseta eran os Campos Elíseos.
Os habitantes do Altai reúnense anualmente en varias celebracións, sendo ademais un lugar turístico.[5]
Notas[editar | editar a fonte]
- ↑ 1,0 1,1 "UNESCO". Consultado o 25 de marzo de 2019.
- ↑ Greater Altai – Altai Krai, Republic of Altai, Tyva (Tuva), and Novosibirsk - Crossroads (en inglés).
- ↑ Montagnes dorées de l'Altaï na web da UNESCO (en francés).
- ↑ Altai Horse en Breeds of Livestock (en inglés).
- ↑ Sacred Land Film Project Sacred Land Film Project {{en]].