Moby Dick
| Moby Dick | ||||||||||||||||
|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
|
Moby Dick é unha obra mestra de Herman Melville publicada en 1851. O seu título orixinal é Moby Dick or the White Whale (Moby Dick ou a balea branca).
Argumento e características [editar]
A novela é unha historia épica que narra a loita entre o capitán Achab e Moby Dick, a balea branca (en realidade, un cachalote [2]), á que aquel persegue a través dos mares.
É unha narración poética e mística, que simboliza a loita do home contra as potencias do mal, encarnadas na balea (quizais unha lembranza do Leviatán bíblico). Achab, ao contrario, é o home que pretende dominar a desorde do mundo, dar un sentido a súa vida, vencer ao mal. Pero non triunfa e morre vítima da balea -ou da súa loucura-. Con gran pesimismo, o autor expresa a súa visión desilusionada do universo, conha forma influída pola Biblia, Shakespeare e os escritores ingleses do século XVII (sobre todo Thomas Brown). Esta novela, que non tivo xito en vida do autor, foi, despois da Segunda Guerra Mundial, unha das obras máis lidas da literatura norteamericana e hoxe podería considerarse o máis parecido á grande novela americana.
Adaptacións cinematográficas [editar]
En 1956 John Houston realizou unha película baseado nesta novela. No 2010, o director Trey Stokes fixo unha adaptación moderna da novela: 2010: Moby Dick.
Notas [editar]
- ↑ Moby-Dick or The Whale, Northwestern-Newberry edition (Northwestern University Press, 1988), p. 687.
- ↑ O cachalote é un cetáceo de cor negra ou moi escura, pero excepcionalmente atópanse individuos total ou parcialmente brancos. Parece ser que Moby Dick existiu realmente. As crónicas mariñeiras descríbeno como un cachalote macho de 22 metros de longo a quen os baleeiros chamaban Mocha Dick. Adoitaba ataca-los barcos golpeando no casco coa súa cabeza e tiña no seu haber varios barcos afundidos e decenas de vidas humanas. Ao final matárono e atopáronlle os ferros de 19 arpóns cravados no corpo.