Provincia de Álava - Araba

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirixido desde "Provincia de Álava")
Provincia de Álava
Arabako Probintzia
Flag of Alava.png Escudo alava.png
Provincia Araba.png
Capital Vitoria-Gasteiz
Área 2.963 km²
Poboación 317.352 hab. (2010)
Densidade 107,1 hab./km²
Concellos 51
Xentilicio Alavés, -a
Provincia de Álava no País Vasco.

Álava (Araba en éuscaro, Álava en castelán, oficialmente Álava/Araba) é unha das tres provincias que conforman a Comunidade Autónoma Vasca (Euskadi en éuscaro), ademais de ser unha das sete provincias do histórico País Vasco (Euskal Herria). A súa capital é Vitoria-Gasteiz, que é tamén capital da comunidade autónoma.

A provincia ocupa unha área de 2.963 km², nos que vivían en 2007 un total de 305.459 habitantes, o que lle confería unha densidade populacional de 103,09 hab/km².

Entre as poboacións máis importantes de Álava, á parte da capital, compre destacar Amurrio, Laudio, Agurain e Ayala.

Índice

Xeografía [editar]

Límites [editar]

A provincia de Álava é a única do País Vasco que carece de costa. Ao norte limita con Biscaia e Guipúscoa, ao oeste e suroeste con Burgos e tamén con o enclave de Orduña (administrativamente de Biscaia), ao sur con A Rioxa, e ao leste con Navarra. No seu interior limita tamén con a provincia de Burgos, xa que esta posúe nela un enclave, o Condado de Treviño.

A serra Salvada no noroste de Álava

Relevo [editar]

O norte de Álava é unha franxa montañosa con varias serras que se elevan por encima dos 1.000 m de altura, que marcan en boa medida os límites con Biscaia. Están poboadas de bosques, de tipo atlántico. Destacan as serras de Urkilla (con o Aizkorri, 1544 m), Artabán, Gorbea (1.475 no pico homónimo). Estas serras prolónganse parcialmente cara occidente, nos límites con a provincia de Burgos: (serra Salvada, serra Garobe). O centro do territorio, chairo, constitúe unha prolongación da Meseta Central, cunha altitude media duns 600 m. No sur sitúase a Rioxa alavesa, na conca do río Ebro, que se abre paso entre os primeiros cordais do Sistema Ibérico (serra de Toloño, serra de Codés), nas lindes coas comunidades da Rioxa e Navarra.

Vista da Llanada de Álava, con Vitoria no centro

Hidrografía [editar]

A maior parte do territorio alavés está incluído na conca do río Ebro, que polo sur serve, en parte, de límita con a provincia de Burgos, durante uns 100 km. Os ríos Omecillo, Bayas, Zadorra e Ayuda, son os seus principais afluentes, e únense a el pola dereita.

O noroeste da provincia, está drenado polo río Nervión e afluentes, que pertencen á vertente cantábrica.

Clima [editar]

Boa parte da provincia recibe a influencia do clima oceánico (800 mm de precipitacións, 12° C de temperatura media), o que permite que plantas como a faia penetren até o sur. No val do Ebro, porén séntese a infliencia mediterránea.

División administrativa [editar]

Artigo principal: Cuadrillas de Álava.

Álava está dividida administrativamente en sete cuadrillas (vasco kuadrilak, pl. de kuadrila) :


Commons
Commons ten máis contidos multimedia sobre: