Milenarismo

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Comparacións das interpretacións milenaristas cristiáns.

O milenarismo, palabra que provén do latín millenium, designa a doutrina relixiosa retirada da Biblia (Apocalipse 20, v. 1 a 10) que anuncia o regreso de Xesuscristo para constituír un reino con duración de mil anos; segundo isto, Cristo viría antes do último combate contra o Mal, a condena do diaño ao perder toda a súa influencia para a eternidade e o Xuízo Universal. Tivo influencia na Igrexa do século II da era cristiá, na Idade Media, e finalmente entre os protestantes.

Historia e características[editar | editar a fonte]

Os milenaristas cristiáns baseábanse na interpretación dunha pasaxe do libro da Apocalipse de Xoán (20: 1-3) e da Segunda epístola de Pedro (3:13). Os principais representantes desta doutrina foron Papías de Hierápolis, Xustino Mártir, Ireneo de Lión, Tertuliano e Lactancio.

Por volta do ano 1000, o milenarismo adquiriu unha forza renovada ao se estender a crenza da chegada do xuízo final, coincidindo cos mil anos da presenza do cristianismo na Terra[1].

No século XV, Dolcino de Novara capitaneou un movemento denominado milenarista, do que foi o profeta. Xa na Idade Moderna, o dominico Girolamo Savonarola, denantes de ser queimado na fogueira en 1498, proclamou Florencia como a nova Xerusalén.

A caída do Imperio Romano de Oriente provocou interpretacións milenaristas; tamén a descuberta de América foi entendida como un signo da chegada dos tempos profetizados por San Xoán.

O dominico Francisco de la Cruz, condenado a morrer na fogueira en 1578, predicou o traslado do papa a Lima, outra nova Xerusalén; autoproclamouse o "terceiro David" e enunciou a chegada dun "terceiro Testamento".

En plena Idade Moderna, Isaac Newton, escribiu sobre a antiga profecía e fixo cálculo sobre a súa culminación.

En 1595 publicáronse as Profecías de Malaquías, presuntamente datadas do século XII, de carácter apocalíptico.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Sadurní i Puigbò, Núria. Diccionari de l'any 1000 a Catalunya : l'abans i el després d'un tombant de mil·lenni. 1. ed. Barcelona: Edicions 62, 1999, p. 89. ISBN 8429746072.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  • Cohn, Norman. The Pursuit of the Millennium: Revolutionary Millenarians and Mystical Anarchists of the Middle Ages. Nova York, Oxford University Press, [1957]. ISBN 0-19-500456-6

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]