Mila Kunis

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Mila Kunis
Nome completoМіле́на Ма́рківна Ку́ніс
Alcume/outrosMila Kunis
Nacemento14 de agosto de 1983
LugarChernivtsi
NacionalidadeUnión Soviética, Estados Unidos de América e Ucraína
EtniaAsquenací
Relixiónxudaísmo
Educada enLoyola Marymount University, Fairfax High School e Universidade de California, Os Ánxeles
PaiMark Kunis
NaiElvira
Cónxuxe(s)Ashton Kutcher
FillosWyatt Isabelle Kutcher e Dimitri Portwood Kutcher
Profesiónactriz, actriz de televisión, actriz de cinema, actriz de dobraxe, modelo, produtora de televisión, actriz infantil e modelo erótica
Na rede
https://milakunis.com/
IMDB: nm0005109 Allocine: 62460 Rottentomatoes: celebrity/mila_kunis Allmovie: p215642 TCM: 342007 Metacritic: person/mila-kunis TV.com: people/mila-kunis
Facebook: Mila-Kunis-217131971670945 Dialnet: 2571196 Last fm: Mila+Kunis Musicbrainz: de8031f8-e721-436d-80d2-d1c6c7374de9 Discogs: 2532260 WikiTree: Kunis-2 Editar o valor em Wikidata
editar datos en Wikidata ]

Milena Markovna Kunis (ucraíno: Мілена Марківна Куніс, ruso: Милена Марковна Кунис), nada en Chernivtsi (Ucraína) o 14 de agosto de 1983, é unha actriz estadounidense.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Kunis naceu na RSS de Ucraína nunha familia xudía asquenací na que é a primoxénita. A súa nai, Elvira, é profesora de física, e o seu pai, Mark, enxeñeiro mecánico. A súa familia mudouse aos Ánxeles en 1991 tras separárense a súa nai e o seu pai. Segundo ela mesma ten comentado, mellorou o seu inglés vendo o concurso de televisión The Price is Right. Nos Ánxeles estudou na Hubert Howe Bancroft Middle School. Recibiu clases particulares mentres traballaba na serie That 70's Show. Cando non estaba no plató, estudaba na Fairfax Senior High School.

Carreira[editar | editar a fonte]

Aos nove anos compaxinaba o colexio coas clases de interpretación na Beverly Hills Studios, onde coñeceu á súa representante Susan Curtis. Empezou aparecendo en carteis, catálogos e anuncios de televisión de produtos infantís da marca de Lisa Frank, bonecas Barbie e zapatos Payless Shoes. Tamén traballou como modelo para Guess?, Girls Clothing Campaign. O seu primeiro papel televisivo foi a moza Hope Williams nun episodio da popular Soap opera Days of Our Lives.

Antes de actuar en That 70's Show, Kunis apareceu en películas coma Santa With Muscles, Honey, We Shrunk Ourselves coma personaxe secundaria e na película de Angelina Jolie, GIA. Tamén tivo un pequeno papel en 7th Heaven coma némese de Lucy.

En 1998 entrou a formar parte do elenco da serie That 70's Show como Jackie Burkhart. No cásting estableceuse que o papel de Jackie debería ser interpretado por unha rapaza maior de 18 anos. Kunis apuntouse ao cásting e alegou que "no seu aniversario" chegaría á idade marcada (aínda que nunca especificou a que aniversario se refería). Realmente a actriz tiña 14 anos no momento, dato que foi descuberto despois de conseguir o papel, a pesar do cal puido conservalo malia engañar aos directores. Foi considerada coma a persoa que mellor encaixaba co personaxe e valoraron a súa creatividade á hora de conseguir a audición a pesar da súa idade.

A súa participación na serie deuna a coñecer entre o gran público estadounidense. A súa interpretación recibiu sete candidaturas aos Teen Choice Award de Nickelodeon, pero nunca gañou. Kunis, pola súa parte, comentou en multitude de ocasións que non se parece en nada a Jackie na vida real.

Actualmente Kunis é a voz de Meg Griffin na serie de animación Family Guy, e no 2007 recibiu unha candidatura o Annie Award. Tamén pon voz a varios personaxes de Robot Chicken, un programa enmarcado dentro do bloque Adult Swing de Cartoon Network. Tamén entrou no mundo dos videoxogos coma dobradora de Tanya no Saints Row, do mesmo modo que repetiu coma Meg, esta vez na adaptación no videoxogo de Family Guy.

Por outro lado, apareceu en vídeos musicais, coma "Jaded" de Aerosmith, "The Itch" de Vitamine C, "The End Has No End" de The Strokes e "LA Girls" de Mam Taylor xunto a Joel Madden, no que tamén saíu Carmen Electra.

Kunis foi modelo para revistas coma Stuff e Maxim.

Respecto a aparicións en películas tivo papeis importantes en Get Over It xunto a Kirsten Dunst, American Psycho II: All American Girl con William Shatner, After Sex, Boot Camp e Moving McAllister con Jon Heder.

A súa aparición máis recentes na pantalla grande foi interpretando a Rachel Jansen na película de 2008 Forgetting Sarah Marshall, compartindo cartel xunto a Jason Segel, Kristen Bell, Russell Brand, Jonah Hill e Bill Hader. A súa interpretación recibiu outra nomeamento para os Teen Choice Award. No 2008 participou xunto a Mark Wahlberg e Ludacris na película Max Payne.

Filmografía[editar | editar a fonte]

Cine
Ano Título Papel Notas
1995 Make a Wish, Molly Melinda
1995 Piranha Susie Grogan Telefilme
1996 Santa with Muscles Sarah
1997 Honey, We Shrunk Ourselves Jill Estrea en vídeo
1998 Gia Gia at Age 11
1998 Krippendorf's Tribe Abbey Tournquist
1998 Milo Martice Sen acreditar
2001 Get Over It Basin
2002 American Psycho 2 Rachael Estrea en DVD
2004 Tony n' Tina's Wedding Tina
2005 Stewie Griffin: The Untold Story Meg Griffin (voz) Estrea en vídeo
2007 After Sex Nikki
2007 Moving McAllister Michelle
2007 Boot Camp Sophie
2008 Forgetting Sarah Marshall Rachel Jansen
2008 Max Payne Mona Sax
2009 Tom Cool Little Boy Matson
2009 Extract Cindy
2010 The Book of Eli Solara
2010 Date Night Whippit
2010 Black Swan Lily
2011 Friends with Benefits Jamie Rellis
2012 Ted Lori Collins
2012 Tar Catherine
2013 Oz: The Great and Powerful Theodora
2013 Blood Ties Natalie
2013 Hell & Back Deema (voz)
2013 The Angriest Man in Brooklyn
2014 The Third Person

Véxase tamén[editar | editar a fonte]