Black Swan

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
O cisne negro
Título orixinal Black Swan
[[Ficheiro:|200px| ]]
Ficha técnica
Director Darren Aronofsky
Produtor Scott Franklin
Mike Medavoy
Arnold Messer
Brian Oliver
Guión Mark Heyman
Andres Heinz
John J. McLaughlin
Baseado en
Intérpretes Natalie Portman
Mila Kunis
Vincent Cassel
Winona Ryder
Barbara Hershey
Christopher Gartin
Sebastian Stan
Música Clint Mansell
Fotografía Matthew Libatique
Montaxe Andrew Weisblum
Estudio Phoenix Pictures
Distribuidor Fox Searchlight Pictures
Cross Creek Pictures
Ano 2010
Duración 103 minutos
País Flag of the United States.svg Estados Unidos
Xénero Thriller
Orzamento $13,000,000[1]
Filme anterior
Filme seguinte
Ficha en IMDb

Black Swan é un filme de suspense psicolóxico dirixido por Darren Aronofsky que foi estreado en 2010. Está protagonizada por Natalie Portman e Mila Kunis. Natalie Portman gañou un Oscar, un Globo de Ouro e o Premio da Asociación de Críticos e Guionistas Estadounidenses pola súa actuación neste filme.

Índice

[editar] Argumento

Unha compaña de ballet de Nova York está producindo O Lago dos Cisnes e o director Thomas Leroy (Vincent Cassel) decide trocar á bailarina principal Beth MacIntyre (Winona Ryder) por Nina Sayers (Natalie Portman). Beth, anoxada, sofre un accidente e Nina pensa que é a culpable do seu estado.

Nina vive con Erica (Barbara Hershey), a súa autoritaria nai e antiga bailarina que segue a tratala como a unha cativa de dez años, e atopa competencia en Lily (Mila Kunis), unha talentosa bailarina que acaba de chegar á compaña.

O Lago dos Cisnes precisa dunha bailarina que poida interpretar ó inocente Cisne Branco, que lle acae moi ben á personalidade doce de Nina; e ó malvado Cisne Negro, que concorda coa personalidade sensual e forte de Lily.

A rivalidade das dúas rapazas vólvese en amizade e Nina comeza a explorar o lado escuro da súa persoa que sobresae cada vez con máis forza.

[editar] Galardóns e nomeamentos

  • 2010: 1 Oscar á mellor actriz (Natalie Portman). 5 Nomeamentos, incluíndo mellor filme.
  • 2010: 1 Globo de Ouro: Mellor Actriz (Portman). 4 Nomeamentos, incluíndo mellor filme.
  • 2010: 1 BAFTA: Mellor Actriz (Portman). 12 Nomeamentos, incluíndo mellor filme.
  • 2010: Festival de Venecia: Mellor actriz ou actor xove (Mila Kunis).
  • 2010: 4 Independent Spirit Awards: mellor filme, director, actriz (Portman) e fotografía.
  • 2010: Satellite Awards: 5 Nomeamentos, incluíndo director e actriz principal (Portman).

[editar] Notas

[editar] Véxase tamén

[editar] Ligazóns externas

Ferramentas persoais
Espazos de nomes

Variantes
Accións
Navegación
Imprimir/exportar
Caixa de ferramentas
Outras linguas