Apertura Ruy López

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Para describir os movementos das pezas de xadrez neste artigo usouse a notación alxébrica.
Chess zhor 26.png
Chess zver 26.png
Chess rdl45.svg Chess d45.svg Chess bdl45.svg Chess qdd45.svg Chess kdl45.svg Chess bdd45.svg Chess ndl45.svg Chess rdd45.svg
Chess pdd45.svg Chess pdl45.svg Chess pdd45.svg Chess pdl45.svg Chess d45.svg Chess pdl45.svg Chess pdd45.svg Chess pdl45.svg
Chess l45.svg Chess d45.svg Chess ndl45.svg Chess d45.svg Chess l45.svg Chess d45.svg Chess l45.svg Chess d45.svg
Chess d45.svg Chess bll45.svg Chess d45.svg Chess l45.svg Chess pdd45.svg Chess l45.svg Chess d45.svg Chess l45.svg
Chess l45.svg Chess d45.svg Chess l45.svg Chess d45.svg Chess pll45.svg Chess d45.svg Chess l45.svg Chess d45.svg
Chess d45.svg Chess l45.svg Chess d45.svg Chess l45.svg Chess d45.svg Chess nll45.svg Chess d45.svg Chess l45.svg
Chess pll45.svg Chess pld45.svg Chess pll45.svg Chess pld45.svg Chess l45.svg Chess pld45.svg Chess pll45.svg Chess pld45.svg
Chess rld45.svg Chess nll45.svg Chess bld45.svg Chess qll45.svg Chess kld45.svg Chess l45.svg Chess d45.svg Chess rll45.svg
Chess zver 26.png
Chess zhor 26.png
Ruy López ou apertura española

A apertura Ruy López, tamém chamada apertura española, é unha famosa Apertura de xadrez. Tratase, talvez, da apertura mais famosa do xadrez, devendo o seu nome ao célebre xadrecista español do século XVI Ruy López de Segura.

Está considerada dentro das aperturas abertas. Foi obxecto de moitas análises por parte dos teóricos do xogo e as súas variantes son numerosas. En xeral, considérase que dá ás pezas brancas unha vantaxe lixeira e duradeira.

Acontece despois das seguintes xogadas (en notación alxébrica):

  • 1. e4 - e5
  • 2. Cf3 - Cc6
  • 3. Bb5

Comentarios das primeiras xogadas:

1. e4 A apertura do peón de Rei é tan popular como lóxica. Controla o centro do taboleiro, abre liñas tanto para a dama como para o bispo e conduce a un xogo aberto.

1. ... - e5 As negras responden simetricamente e fan un desafío directo nas casas centrais.

2. Cf3 Coa posible excepción de: 2. f4 que nos levaría ao Gambito de rei, este é o segundo movemento máis lóxico contra a resposta simétrica das negras para o peón de Rei. O cabalo ataca e5, abre o camiño ao rei para un enroque eventual e descansa na súa mellor casa defensiva.

2. ... - Cc6 Defendendo o peón de e5. Agora, se as brancas xogaran 3. Cc3 (en vez da Ruy López), xogaríase a Apertura dos Tres Cabalos.

3. Bb5 Este é o movemento de Ruy López. Está ideado para manter presión no centro das negras, a longo prazo. Se o Bispo do Rei fora atacado mediante 3. ... - a6, asumiría unha posición en b3 ou c2 para manter o foco de ataque no lado do Rei ou nas casas centrais.

Estratexia[editar | editar a fonte]

As brancas prepáranse para facer c3 e d4 buscando eliminar o peón e5 das negras. Coa súa última xogada apresúranse a enrocar e así dispor de Te1 contra algún intento negro sobre o seu peón e4 evitando facer xogadas como Cc3, d3 ou ata a máis fea De2 xa que todas estas entorpecerían o seu plan. Ademais como o ditan os canons do desenvolvemento coa súa última xogada ameazan con tomar o defensor do peón e farano en caso que as negras non sobreprotexan o devandito peón.

Formulación[editar | editar a fonte]

A Apertura Ruy López ou Apertura española (ECO C60-C99) é a gran partida de xadrez. Todo xogador de xadrez debe xogar a Ruy López con brancas e con negras. Foi utilizada polo primeiro campión do mundo -oficioso-, o español Ruy López de Segura, a comezos do século XVI, e aínda hoxe practícase con asiduidade tanto entre os afeccionados como entre os grandes mestres.

Ten grandes virtudes. Tras 1. e4 - e5 2. Cf3 - Cc6 3. Bb5 non só desenvolve unha peza, senón que se ataca á única peza desenvolvida do negro, a única que controla o centro, co que a pesar de que en b5 o bispo non controla directamente o centro, si o controla indirectamente. Ademais, se se entra na liña principal, con 3. ... - a6 o negro vese obrigado a debilitar o flanco de dama.


Na Apertura española termínase en partidas desequilibradas nas que a pericia do xogador é esencial para gañar.

Variantes[editar | editar a fonte]

Non hai que perderse na gran cantidade de variantes, e xogar con lóxica.

Convén dividir o estudo da Apertura Ruy López en dúas grandes variantes: as variantes sen 3. ... - a6, e as variantes con 3. ... - a6 Hai moitas xogadas razoables dispoñibeis, pero normalmente a teoría divídeas en dous grandes grupos; aquelas onde as negras optan pola Defensa Murphy (3...a6) e as variantes onde moven algo diferente.

Variantes sen 3. ... - a6[editar | editar a fonte]

A Apertura Ruy López sen 3. ... - a6 (ECO C60-C67) é o xeito máis antigo de xogar esta apertura. Hoxe en día esta non é moi popular, debido ás vantaxes que ten gañar espazo na á de dama con 3. ... - a6 pero é moi sólida, e aínda que non se gaña espazo no á de dama tampouco se crean debilidades. Das variantes enumeradas nesta sección a defensa Schielmann e a berlinesa son as máis populares, con predominio da primeira entre xogadores de club e a segunda entre grandes mestres.

  • 3. ... - f5!? (Defensa Schliemann)
  • 3. ... - Bc5 (Defensa Clásica)
  • 3. ... - Cf6 (Defensa berlinesa)
  • 3. ... - d6 (Defensa Steinitz)
  • 3. ... - Cge7 (Defensa Cozio)
  • 3. ... - Cd4 (Defensa Bird)
  • 3. ... - g6 (Defensa Smyslov)
  • 3. ... - f6 (Defensa Nuernberg)

Defensa Schliemann[editar | editar a fonte]

Chess zhor 26.png
Chess zver 26.png
Chess rdl45.svg Chess d45.svg Chess bdl45.svg Chess qdd45.svg Chess kdl45.svg Chess bdd45.svg Chess ndl45.svg Chess rdd45.svg
Chess pdd45.svg Chess pdl45.svg Chess pdd45.svg Chess pdl45.svg Chess d45.svg Chess l45.svg Chess pdd45.svg Chess pdl45.svg
Chess l45.svg Chess d45.svg Chess ndl45.svg Chess d45.svg Chess l45.svg Chess d45.svg Chess l45.svg Chess d45.svg
Chess d45.svg Chess bll45.svg Chess d45.svg Chess l45.svg Chess pdd45.svg Chess pdl45.svg Chess d45.svg Chess l45.svg
Chess l45.svg Chess d45.svg Chess l45.svg Chess d45.svg Chess pll45.svg Chess d45.svg Chess l45.svg Chess d45.svg
Chess d45.svg Chess l45.svg Chess d45.svg Chess l45.svg Chess d45.svg Chess nll45.svg Chess d45.svg Chess l45.svg
Chess pll45.svg Chess pld45.svg Chess pll45.svg Chess pld45.svg Chess l45.svg Chess pld45.svg Chess pll45.svg Chess pld45.svg
Chess rld45.svg Chess nll45.svg Chess bld45.svg Chess qll45.svg Chess kld45.svg Chess l45.svg Chess d45.svg Chess rll45.svg
Chess zver 26.png
Chess zhor 26.png
Apertura Ruy López sin 3. ... - a6. Defensa Schliemann.

1. e4 - e5 2. Cf3 - Cc6 3. Bb5 - f5.

A Defensa Schliemann (ECO C63), 3. ... - f5!?, é unha líña moi forte na que as negras intentan abrir a fila f para o ataque, con frecuencia sacrifican un peón ou dous. Este contraataque conduce a un xogo agudo onde o cálculo concreto adquire maior importancia que a estratexia. Ignorando a ameaza sobre e5 as negras intentan tomar o peón de e4 obtendo unha columna semiaberta para a súa torre logo dun pronto O-O. Considerado por moitos como algo dubidoso, non se refutou e utilízase en ocasións no xogo como unha arma sorpresa principalmente en grandes torneos. Esta variante xogouna Carl Jaenisch en 1847 polo que algunhas veces leva o seu nome. Aínda que máis tarde puxerónlle o nome do avogado alemán Adolf Karl Wilhelm Schliemann (1817-1872), a líña Schliemann foi desenvolvida efectivamente no decenio de 1860 esta era una táctica na variante da Defensa Cordel (3. ... - Bc5 4. c3 - f5).

Rudolf Spielmann xogouna como negro +6 = 5-1 o igual que Frank Marshall +9 = 8-4. Alexander Shabalov ten unha puntuación favorable en xogo internacional.

Teóricos como Panov preferiron chamala variante Jaenisch.


Defensa clasica[editar | editar a fonte]

Chess zhor 26.png
Chess zver 26.png
Chess rdl45.svg Chess d45.svg Chess bdl45.svg Chess qdd45.svg Chess kdl45.svg Chess d45.svg Chess ndl45.svg Chess rdd45.svg
Chess pdd45.svg Chess pdl45.svg Chess pdd45.svg Chess pdl45.svg Chess d45.svg Chess pdl45.svg Chess pdd45.svg Chess pdl45.svg
Chess l45.svg Chess d45.svg Chess ndl45.svg Chess d45.svg Chess l45.svg Chess d45.svg Chess l45.svg Chess d45.svg
Chess d45.svg Chess bll45.svg Chess bdd45.svg Chess l45.svg Chess pdd45.svg Chess l45.svg Chess d45.svg Chess l45.svg
Chess l45.svg Chess d45.svg Chess l45.svg Chess d45.svg Chess pll45.svg Chess d45.svg Chess l45.svg Chess d45.svg
Chess d45.svg Chess l45.svg Chess d45.svg Chess l45.svg Chess d45.svg Chess nll45.svg Chess d45.svg Chess l45.svg
Chess pll45.svg Chess pld45.svg Chess pll45.svg Chess pld45.svg Chess l45.svg Chess pld45.svg Chess pll45.svg Chess pld45.svg
Chess rld45.svg Chess nll45.svg Chess bld45.svg Chess qll45.svg Chess kld45.svg Chess l45.svg Chess d45.svg Chess rll45.svg
Chess zver 26.png
Chess zhor 26.png
Defensa calsica 3. ... - Bc5

1. e4 - e5 2. Cf3 - Cc6 3. Bb5 - Bc5.

A Defensa clásica ou Defensa Cordel (ECO C64), xorde despois do movemento 3. ... - Bc5, sendo posiblemente o movemento máis antigo de defensa contra a Apertura Ruy López, hoxe en día é xogado ocasionalmente. A resposta máis común por parte das brancas é 4. c3, onde o negro pode elixir por xogar 4. ... - f5, chamado Gambito Cordel. Isto a miudo leva a posicions moi desordenadas, o que fai que se use moito menos, en comparación con outras respostas mais razoables para o 4° movemento negro. Máis sólida parece 4. c3 - Cf6, levando 5. 0-0 - 0-0 6. d4 - Bb6 a Variante Benelux. A principal alternativa o movemento das brancas (4. c3) é 4. 0-0.

Wilhelm Steinitz anotou +5 = 2-4 nesta variante. Boris Gulko tamén a xogou. O Gran Mestre australiano, Ian Rogers, anotou +7 = 4-1 en competición internacional.


Defensa berlinesa[editar | editar a fonte]

Chess zhor 26.png
Chess zver 26.png
Chess rdl45.svg Chess d45.svg Chess bdl45.svg Chess qdd45.svg Chess kdl45.svg Chess bdd45.svg Chess l45.svg Chess rdd45.svg
Chess pdd45.svg Chess pdl45.svg Chess pdd45.svg Chess pdl45.svg Chess d45.svg Chess pdl45.svg Chess pdd45.svg Chess pdl45.svg
Chess l45.svg Chess d45.svg Chess ndl45.svg Chess d45.svg Chess l45.svg Chess ndd45.svg Chess l45.svg Chess d45.svg
Chess d45.svg Chess bll45.svg Chess d45.svg Chess l45.svg Chess pdd45.svg Chess l45.svg Chess d45.svg Chess l45.svg
Chess l45.svg Chess d45.svg Chess l45.svg Chess d45.svg Chess pll45.svg Chess d45.svg Chess l45.svg Chess d45.svg
Chess d45.svg Chess l45.svg Chess d45.svg Chess l45.svg Chess d45.svg Chess nll45.svg Chess d45.svg Chess l45.svg
Chess pll45.svg Chess pld45.svg Chess pll45.svg Chess pld45.svg Chess l45.svg Chess pld45.svg Chess pll45.svg Chess pld45.svg
Chess rld45.svg Chess nll45.svg Chess bld45.svg Chess qll45.svg Chess kld45.svg Chess l45.svg Chess d45.svg Chess rll45.svg
Chess zver 26.png
Chess zhor 26.png
Apertura Ruy López sin 3. ... - a6. Defensa berlinesa

1. e4 - e5 2. Cf3 - Cc6 3. Bb5 - Cf6.

Unha das variantes máis sólidas para o bando negro. Logo de: 4. 0-0 - Cxe4 5. d4 - Cd6 6. Bxc6 - dxc6 7. dxe5 - Cf5 8. Dxd8+ - Rxd8 chégase a unha posición onde as negras teñen boas posibilidades de igualar. Esta variante depende máis dun bo xogo estratéxico que dunha gran habilidade táctica de ai que sexa a elección dalgúns grandes mestres cando se enfrontan aos programas de xadrez. Se as negras queren evitar o cambio de damas pode seguir con: 5. ... - Be7 6. De2 - Cd6 7. Bxc6 - bxc6 8. dxe5 - Cb7 9. Cc3 - 0-0 10. Te1 - Cc5 11. Cd4 - Ce6 12. Be3 - Cxd4 13. Bxd4 - c5 variante coñecida como Río de Janeiro.

Variantes con 3. ... - a6[editar | editar a fonte]

  • 4. Bxc6 (Variante do Troco)
  • 4. Ba4
    • 4. ... - b5 5. Bb3 - Ca5 (Defensa norueguesa)
    • 4. ... - Bc5 (Defensa Clásica Diferida)
    • 4. ... - d6 (Defensa Steinitz Diferida)
    • 4. ... - f5 (Defensa Schliemann Diferida)
    • 4. ... - Cf6 5. 0-0 - b5 6. Bb3 - Bb7 (Defensa Arcanxo)
    • 4. ... - Cf6 5. 0-0 - Bc5 (Defensa Möller)
    • 4. ... - Cf6 5. 0-0 - d6 (Defensa rusa)
    • 4. ... - Cf6 5. 0-0 - Cxe4 (variante aberta)
    • 4. ... - Cf6 5. 0-0 - Be7 (variante pechada)

Defensa Pechada[editar | editar a fonte]

Variante pechada da apertura Ruy López.
Chess zhor 26.png
Chess zver 26.png
Chess rdl45.svg Chess d45.svg Chess bdl45.svg Chess qdd45.svg Chess kdl45.svg Chess d45.svg Chess l45.svg Chess rdd45.svg
Chess d45.svg Chess pdl45.svg Chess pdd45.svg Chess pdl45.svg Chess bdd45.svg Chess pdl45.svg Chess pdd45.svg Chess pdl45.svg
Chess pdl45.svg Chess d45.svg Chess ndl45.svg Chess d45.svg Chess l45.svg Chess ndd45.svg Chess l45.svg Chess d45.svg
Chess d45.svg Chess l45.svg Chess d45.svg Chess l45.svg Chess pdd45.svg Chess l45.svg Chess d45.svg Chess l45.svg
Chess bll45.svg Chess d45.svg Chess l45.svg Chess d45.svg Chess pll45.svg Chess d45.svg Chess l45.svg Chess d45.svg
Chess d45.svg Chess l45.svg Chess d45.svg Chess l45.svg Chess d45.svg Chess nll45.svg Chess d45.svg Chess l45.svg
Chess pll45.svg Chess pld45.svg Chess pll45.svg Chess pld45.svg Chess l45.svg Chess pld45.svg Chess pll45.svg Chess pld45.svg
Chess rld45.svg Chess nll45.svg Chess bld45.svg Chess qll45.svg Chess d45.svg Chess rll45.svg Chess kld45.svg Chess l45.svg
Chess zver 26.png
Chess zhor 26.png
Posición logo de 5. ... - Be7.

As liñas das defensa pechada son as máis estudadas da Ruy López, aquí as opcións son moi numerosas para cada bando.

  • 6. De2 (Ataque Worrall)
  • 6. Te1
    • 6. ... - d6 (Variante Averbakh)
    • 6. ... - b5 7. Bb3 - 0-0 8. c3 - d5 (Contraataque Marshall)
    • 6. ... - b5 7. Bb3 - d6 8. c3 - 0-0 (liña principal da variante pechada)

Logo de 1. e4 - e5 2. Cf3 - Cc6 3. Bb5 - a6 4. Ba4 - Cf6 5. 0-0 - Be7 6. Te1 - b5 7. Bb3 - d6 8. c3 - 0-0, temos:

  • 9. d3 (Variante Pilnik)
  • 9. d4 - Bg4 (Variante Bogoljubow)
  • 9. h3
    • 9. ... - Ca5 (Variante Chigorin)
    • 9. ... - Bb7 (Variante Zaitsev)
    • 9. ... - Cb8 (Variante Breyer)
    • 9. ... - Cd7 (Variante Karpov)
    • 9. ... - Be6 (Variante Jolmov)
    • 9. ... - h6 (Variante Smyslov)

Variante Chigorin[editar | editar a fonte]

Variante Chigorin da Apertura Ruy López
Chess zhor 26.png
Chess zver 26.png
Chess rdl45.svg Chess d45.svg Chess bdl45.svg Chess d45.svg Chess l45.svg Chess rdd45.svg Chess kdl45.svg Chess d45.svg
Chess d45.svg Chess l45.svg Chess qdd45.svg Chess l45.svg Chess bdd45.svg Chess pdl45.svg Chess pdd45.svg Chess pdl45.svg
Chess pdl45.svg Chess d45.svg Chess l45.svg Chess pdd45.svg Chess l45.svg Chess ndd45.svg Chess l45.svg Chess d45.svg
Chess ndd45.svg Chess pdl45.svg Chess pdd45.svg Chess l45.svg Chess pdd45.svg Chess l45.svg Chess d45.svg Chess l45.svg
Chess l45.svg Chess d45.svg Chess l45.svg Chess pld45.svg Chess pll45.svg Chess d45.svg Chess l45.svg Chess d45.svg
Chess d45.svg Chess l45.svg Chess pld45.svg Chess l45.svg Chess d45.svg Chess nll45.svg Chess d45.svg Chess pll45.svg
Chess pll45.svg Chess pld45.svg Chess bll45.svg Chess d45.svg Chess l45.svg Chess pld45.svg Chess pll45.svg Chess d45.svg
Chess rld45.svg Chess nll45.svg Chess bld45.svg Chess qll45.svg Chess rld45.svg Chess l45.svg Chess kld45.svg Chess l45.svg
Chess zver 26.png
Chess zhor 26.png
Posición logo de 11. ... - Dc7

A Variante Chigorin, amplamente recomendada polo mestre Mijail Chigorin, é considerada a variante principal da liña principal da defensa pechada na maioría dos manuais desta apertura. Con 9. ... - Ca5 as negras buscan desbloquear o seu peón de c7 gañando tempo pola ameaza de cambiar o seu cabalo polo valioso bispo de casas brancas, o cal adoita ser superior ao primeiro no tipo da posición resultante tras a eventual d4. Logo de 10. Bb2 - c5 11. d4 a continuación clásica das negras é 11. ... - Dc7, reforzando e5 e mantendo indefinidos os peóns centrais.

O plan negro adoita ser unha reincorporación do seu cabalo ao xogo xa sexa vía c4 ou a ruta b7, d8 e f7. Mentres o seu outro cabalo adoita xogar a e8 e g7 preparando a ruptura con f5 no momento oportuno para liberar o seu xogo. As brancas pola súa banda adoitan levar o seu cabalo de b1 ao flanco de rei pasando d2 e f1 onde se dispón a colocarse en e3 ou en g3. Controlando desde aí casas centrais importantes (c4, d5 e f5) e especulando con Cf5 e ata Ch5 cambiando este cabalo polo principal defensor do enroque negro, o cabalo de f6.