Dan Aykroyd

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Dan Aykroyd
Dan Aykroyd crop.jpg
Dan Aykroyd en 2005.
Nacemento Daniel Edward Aykroyd
1 de xullo de 1952 (61 anos)
Otava, Canadá
Profesión Actor (1974 ata o presente)
Cónxuxe(s) Donna Dixon
Ficha na IMDb

Daniel Edward "Dan" Aykroyd, nado o 1 de xullo de 1952 en Otava, é un humorista, músico, actor e director canadense-estadounidense[1].

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Aykroyd estudou criminoloxía e socioloxía na Universidade Carleton da capital canadense pero deixou os estudos antes de rematar a carreira, traballou despois como humorista en clubs nocturnos en Toronto durante varios anos. Coñeu fama nos Estados Unidos como cómico e guionista do programa estadounidense de televisión Saturday Night Live durante as súas primeiras catro tempadas (1975-1979), un dos integrantes, xunto con John Belushi, da banda de soul e blues The Blues Brothers organizada en 1978 como parte do Saturday Night Live pero que continuou posteriormente e que protagonizou un filme homónimo en 1980; e tamén un dos guionistas e tamén dos protagonistas de Ghostbusters (1984). Foi candidato ao Óscar ao mellor actor secundario por Driving Miss Daisy (1989). Como director principiou en 1991 coa comedia de terror Nothing but Trouble na que tamén actuou. En 1992 foi un dos fundadores de House of Blues, unha rede de clubs de blues e a música afroamericana en xeral que en 2006 pasaron a Live Nation.

Filmografía[editar | editar a fonte]

  • 1977 - Love at first sight
  • 1977 - Things we did last summer (TV)
  • 1978 - All You Need Is Cash (TV)
  • 1979 - 1941
  • 1979 - Mr. Mike's Mondo Video
  • 1980 - The Blues Brothers
  • 1981 - Neighbors
  • 1982 - It came from Hollywood
  • 1983 - Trading Places
  • 1983 - Twilight Zone: The Movie
  • 1983 - The Coneheads (TV) (voz)
  • 1983 - Doctor Detroit
  • 1984 - Ghostbusters
  • 1984 - Indiana Jones and the temple of doom
  • 1984 - Nothing lasts forever
  • 1985 - Into the night
  • 1985 - Spies like us
  • 1987 - Dragnet
  • 1988 - Caddyshack II
  • 1988 - The couch trip
  • 1988 - The Great Outdoors
  • 1988 - My Stepmother Is an Alien
  • 1988 - She's Having a Baby
  • 1989 - Ghostbusters II
  • 1989 - Driving Miss Daisy
  • 1990 - Loose cannons
  • 1990 - Masters of menace
  • 1991 - My Girl
  • 1991 - Nothing but trouble
  • 1992 - Sneakers
  • 1992 - Chaplin
  • 1992 - This is my life
  • 1993 - Coneheads
  • 1994 - Exit to Eden
  • 1994 - My Girl 2
  • 1994 - North
  • 1995 - Casper
  • 1995 - Canadian Bacon
  • 1995 - Tommy Boy
  • 1995 - Rainbow
  • 1995 - The Random factor
  • 1996 - My fellow Americans
  • 1996 - Feeling Minnesota
  • 1996 - Celtic pride
  • 1996 - Getting away with murder
  • 1996 - Sgt. Bilko
  • 1997 - Grosse Pointe Blank
  • 1997 - The Arrow (TV)
  • 1998 - Susan's plan
  • 1998 - Antz (voz)
  • 1998 - Blues Brothers 2000
  • 1999 - Diamonds
  • 2000 - The House of the mirth
  • 2000 - Stardom
  • 2000 - Loser
  • 2001 - The Devil and Daniel Webster
Estrela de Dan Aykroyd no Paseo da fama de Canadá

.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Contemporary theatre, film, and television. Gale, 2003, p. 8