Miguel de Oquendo
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
| Miguel de Oquendo | |
|---|---|
| Miguel de Oquendo y Domínguez de Segura | |
| Nacemento: | 1534 Bilbao |
| Falecemento: | 1588 Pasaia, Guipúscoa |
Miguel de Oquendo y Domínguez de Segura[1], nado en Bilbao en 1534 e finado en Pasaia (Guipúscoa) en 1588[1], foi un Almirante da mariña española. Foi pai do tamén almirante Antonio de Oquendo y Zandátegui, iniciando unha dinastia naval que perduraria várias xeracións.
Índice |
Feitos destacables [editar]
- 1575 Participa cunha nave da súa propiedade na xornada de Orán.
- 1582 Participa como capitán xeral da escuadra de Guipúscoa na Batalla da Illa Terceira ás ordes de Álvaro de Bazán. Nesta batalla rende á Almirante Francesa, pondo nela a súa bandeira e apoderándose da inimiga como trofeo.
- 1583 Toma parte no desembarco e conquista da Illa Terceira, recoñecendo primeiro a costa para determinar o lugar de desembarco e dando apoio naval ás operacións.
- 1588 Xunto a Recalde é nomeado tenente da Armada Invencible, para complementar os poucos coñecementos mariñeiros do Duque de Medina Sidonia. Tras a derrota regresa o 24 de setembro de 1588 a Pasaia onde morre o pouco devido as feridas sufridas .
Notas [editar]
Véxase tamén [editar]
Bibliografía [editar]
- Enciclopedia General del Mar. Ediciones Garriga Barcelona (1957)
Outros artigos [editar]
Ligazóns externas [editar]
- MIGUEL de OQUENDO y DOMÍNGUEZ de SEGURA(en éuscaro), (en castelán) e (en inglés)